Cambiamos de dirección. Clica na imaxe para acceder á nova
Cambiamos de dirección esta páxina pasa a estar ubicada no seguinte enderezo
Add comment 09/10/2009
A Asociación ‘Os Amigos de Meder’, en Salvaterra, prepara este sábado unha xornada cultural
A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa ‘Os Amigos’ de Meder, en colaboración co Concello de Salvaterra, organiza este sábado 10 de outubro unha ‘Xornada Cultural’ na Casa da Cultura desta parroquia. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Louzán estudará as propostas do alcalde de Mondariz Balneario para o Plan de Investimentos 2009-2011 da Deputación
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníuse esta mañá co alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo, na Casa do Concello desta localidade. Nesta xuntanza Lorenzo trasladoulle ó presidente unha serie de peticións en relación co plan de investimentos 2009-2011 da Deputación neste concello. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos
A Asemblea Local de Cruz Vermella de Ponteareas, en colaboración coa Asociación de veciñas e veciños de Arcos, pon en marcha un proxecto dirixido ás persoas maiores desa localidade baseado nun taller de ocio seguindo a liña do proxecto “É o teu turno” que está en activo desde o ano 2005 na Asemblea de Ponteareas. (máis…)
Add comment 07/10/2009
A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas
A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG
O edil ponteareán do Grupo Municipal Socialista, Delfin Domínguez Cerdeira, foi elixido membro da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, liderada por Modesto Pose. (máis…)
Add comment 07/10/2009
Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’
O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, recoñece que “ás veces hai mal cheiro na vila que non son debido ao mal funcionamento da depuradora, se non a problemas nunha empresa do polígono industrial. Hai tempo subsanámolos e agora volven producirse”, explica Grandal. (máis…)
Add comment 06/10/2009
O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras
A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)
Add comment 06/10/2009
O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano
O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, denuncia a existencia de malos cheiros continuados no casco urbano do municipio froito “da falta de mantemento da depuradora da Canuda e dos continuados vertidos ao río Miño sen o tratamento previo que require a normativa actual”. (máis…)
Add comment 06/10/2009

Remontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
