Archive for Agosto, 2007

O luns comezará a exhumación de represaliados en Xinzo e Areas

foxas.jpg

Anxo Rdguez, Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas
e Santiago Macías, Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica

A Asociación pola Memoria Histórica do 28 de agosto de Cangas do Morrazo, a Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e os familiares das víctimas ultiman os preparativos para a apertura das fosas comúns do adro da igrexa de Xinzo e Areas. O comezo dos traballos están previstos para as 9 horas da mañá do luns 3 de setembro e realizaranse simultaneamente. (máis…)

Add comment 31/08/2007

O concello de Ponteareas presenta a programación das festas de setembro

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, presentou o programa das festas e actividades do mes de setembro baixo o eslogan “Para todas, todos e para tí” porque, segundo o primeiro edil, abarca actividades para todas as idades. (máis…)

Add comment 31/08/2007

Deteñen a un veciño das Neves como presunto autor dun incendio ocorrido o 27 de xullo

O traballo realizado pola Brigada de Investigación Forestal do Distrito O Condado-Paradanta permitiu deter hoxe a un individuo de 31 anos de idade e veciño do concello das Neves como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 27 de xullo no lugar da Extensa, na parroquia de San Xosé de Ribarteme. No conato só arderon 800 metros cadrados de superficie rasa, maiormente restos da tala dun eucaliptal, grazas aos traballos de extinción realizados polo dispostivo da Consellaría do Medio Rural. (máis…)

Add comment 31/08/2007

Alfombristas da Vila do Corpus valoraron positivamente a súa participación no Encontro Internacional celebrado en México

alfombristas-con-la-reina-evelyn.jpg 

Xa regresaron á Vila do Corpus os 9 alfombristas da nosa asociación que se desprazaran a México para participar no Encontro Internacional de Alfombras de Flores. A viaxe, cun orzamento total superior aos 30.000 €, non contou con ningunha axuda económica por parte do Concello de Ponteareas, e a pesar de algunha que outra axuda recibida, finalmente os alfombristas deberon aportar persoalmente a maior parte do custo. (máis…)

1 comment 31/08/2007

Mondariz celebra a festa da “Pata de Porco con feixóns” o vindeiro día 9

O concello de Mondariz vai celebrar o vindeiro 9 de setembro a súa V edición da festa da “Pata de Porco con Feixóns”. Colocarase unha grande carpa na Praza de España baixo a cal os asistentes poderán disfrutar de tan exquisito manxar o tempo que disfrutan con actuacións musicais a cargo das charangas “OT” e “Los clavelitos”, e humorísticas a cargo do humorista “Somoza”. A lectura do pregón será as 12:00 horas e correrá a cargo de Marian Priego directora da Guía Gastronómica de Radio Vigo. O prezo da ración será de 6 euros, e os asistentes levarán prato e taza conmemorativos da festa.
 Coincidindo con este acto o Concello organiza tamén a “I ruta Ríos e Montes de Mondariz”, facendo un percorrido polo río Tea disfrutando do magnífico sendeiro que o concello construiu co obradoiro de emprego. O lugar de encontro será a Praia do Val as 9:30 horas para inscribirse e as 10:00 facer a saída. Os 200 primeiros inscritos recibirán unha camiseta. O percorrido rematará na Praza de España de Mondariz para que aqueles que o desexen poidan disfrutar do delicioso manxar.

Add comment 31/08/2007

A Xunta arranxará a PO-400 en Crecente a partires do catro de setembro

A Xunta comezará as obras de reparación da PO-400 en Crecente a partires do catro setembro. O obxectivo é voltar a abrir ao tránsito esta estrada que une a parroquia de Rebordechán coa de Angudes e Filgueira. Para isto realizarán as tarefas necesarias para a reconstrución e estabilización da zona. (máis…)

Add comment 30/08/2007

Covelo recupera a festa Dos Dores esta fin de semana

Un concerto de música alternativa con catro grupos abre esta noite as festas das “Dores” de Covelo. Os metaleiros de “Insomnia”, “Romitoll”, que tocan hardcore, os rockeiros de “Mutilados da pirotecnia” e “Skydancer”, tamén metálicos, prometen non pasar desapercibidos na praza central de Covelo a partires das 23:00 horas.
A festa continúa mañán día 31 cunha popular verbena onde ademais do grupo musical en directo ofrecerase unha sesión de “Zona de Baile” para o desfrute dos máis xóvenes.
O sábado actúa o grupo cubano “Latinson”, un trío de música cubana que leva tocando máis de sete anos por cidades de toda España e chega a Covelo dende a sala madrileña “Lanegratomasa”.
Os organizadores dos festexos recuperan ademais, o día 2 de setembro, a misa solemne coa procesión e a típica sesión vermouth amenizada pola murga “Sur Galego” e un pulpeiro no recinto de festas.
A festa máis tradicional de Covelo volta festexarse despois de varios anos esquecida.

Add comment 30/08/2007

A Asociación de Veciños a Lucerna de Fiolledo, Salvaterra, denuncia o roubo de pezas do patrimonio cultural e etnográfico

A Asociación de Veciños “A Lucerna” de San Paio de Fiolledo, concello de Salvaterra de Miño, denuncia roubos no patrimonio cultural e etnográfico da parroquia, coñecido como “Almiñas de Jomaro”, emprazado nunha paraxe onde se están realizando talas de arborado e movementos de terra para a construción do Porto Seco. (máis…)

Add comment 29/08/2007

Educación adxudica obras de mellora no Instituto de Educación Secundaria de Salvaterra

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de adxudicar obras de reforma e mellora no colexio de Educación Infantil e Primaria de Viñas e no CEIP de Lourido, ambos en Poio, así coma no Instituto de Educación Secundaria (IES) de Salvaterra de Miño. A administración educativa inviste un total de 695.871 euros nestas actuacións. (máis…)

Add comment 29/08/2007

A Biblioteca de Ponteareas sae á rúa

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sanpedro Fernández fai extensiva a súa actividade de Animación a Lectura,  como unha forma de promocionar a biblioteca, presentandoa como algo atractivo e lúdico, coa novedade  de que as actividades durante este verán se realizaron nas prazas  e parques de Ponteareas ( Praza Maior, Parque da Perillana, Ponteareas Ciudad). A finalidade é que a cultura chegue a un número maior de persoas, pois é nesta época estival   cando máis nenos e nenas disfrutan destes espazos públicos.
As actividades desenvolveronse todos os mercores do meses de xullo e agosto .
A última  actividade de este verán terá lugar na Praza da Perillana  o vindeiro mércores día 29 de agosto as 7 da tarde e será un Obradoiro de Abalorios , no que os nenos a partires de pequenas contas de madeira, papel e pasta farán colares , pulseiras e colgantes.

Add comment 28/08/2007

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds