Archive for Setembro, 2007
O compositor ponteareán José Luis Represas Carrera estrea na Coruña o Concerto para Trompeta e Banda Sinfónica en tres movementos

O vindeiro domingo catorce de outubro estrearase no Pazo da Ópera da Coruña o Concerto para Trompeta e Banda Sinfónica en tres movementos: 1º Movimiento “MONTES DE XINZO”; 2º Movimiento “CANTOS DE NAI”; 3º Movimiento “DANZA QUEBRADA”. O concerto comezará ás doce do mediodía. (máis…)
1 comment 28/09/2007
Arranca a I Mostra Internacional de Videocreación do Condado
Do 4 ao 6 de outubro Ponteareas converterase na capital galega da videocreación coa celebración da primeira edición da Mostra Internacional de Videocreación do Condado (MÍVICO 07). O festival, organizado por Quadra Producións, nace coa intención de achegar e servir de escaparate da actualidade que vive esta disciplina tanto en Galiza como a nivel internacional. (máis…)
Add comment 28/09/2007
Ponteareas electrifícase este fin de semana co Metalfest
Cun cartel de luxo arranca a primeira edición de Ponteareas Metalfest, o festival de música metal e death metal que se vai celebrar en Ponteareas o vindeiro 29 de setembro. Os concertos inscríbense dentro do calendario municipal de actos da festividade de San Miguel e terán lugar no palco da Praza da Concordia (Feira Vella). (máis…)
Add comment 28/09/2007
Os socialistas de Ponteareas celebran o apoio unánime do pleno na creación da comisión de seguimento das obras do polígono industrial
O PSdeG-PSOE de Ponteareas amosa a súa satisfación ante a aprobación no Pleno ordinario celebrado este martes, da constitución dunha comisión de seguimento para a construcción do Parque empresarial que construirá a Consellería de Vivenda e Solo nas parroquias de Cristiñade e Guláns. (máis…)
Add comment 28/09/2007
O Fiscal de Medio Ambiente de Galicia participa nas Xornadas de Dereito Ambiental coorganizadas por ADENCO
O Fiscal para o Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, participará nas Xornadas formativas de Dereito Ambiental que coorganiza o Grupo Ecoloxista Adenco, xunto á Federación Ecoloxista Galega e a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, e que se celebrarán os dous próximos sábados na cidade do Lérez. García Ortiz abordará a temática relativa ao acceso á xustiza por parte de colectivos e particulares á hora de defender o Medio Ambiente, indicando como proceder para que os resultados sexan efectivos. (máis…)
Add comment 27/09/2007
Os traballadores da recollida do lixo de Ponteareas descombocan a folga
Logo de máis de cen toneladas de lixo acumuladas no centro urbano e vinte nas parroquias, expedientes informativos e manifestacións diante do concello, os traballadores do servizo de recollida de lixo de Ponteareas descombocan a folga tras terse reunido coa empresa concesionaria FCC na alcaldía do concello de Ponteareas. (máis…)
Add comment 27/09/2007
A cañicense Cristina Martínez Tejero gaña un premio de investigación do certame Novos Valores 2007
A cañicense Cristina Martínez Tejero gaña o premio de Investigación Xuvenil, Humanidades e Ciencias Sociais do Certame Novos Valores 2007 co seu traballo “Os acontecementos do ano 19698 no Faro de Vigo”. A Deputación entregou hoxe os premios de Investigación que subvencionarán con 11.400 euros o traballo desenvolvido por oito participantes.
Add comment 26/09/2007
“Parálise e confrontación coa Xunta” definen para o BNG os 100 días de goberno PP-UCPA
O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz municipal Bolívar González, realizou a valoración dos primeiros 100 días de goberno do PP-UCPA. Para os nacionalistas dúas ideas sintetizan o que ten sido a actuación do goberno local, “parálise municipal e confrontación coa Xunta”. Para o portavoz do BNG, “logo de tres meses, o goberno non foi capaz de tomar nin unha soa medida ou actuación en relación cos grandes asuntos que están paralizados desde hai moitos anos como o Plan Urbanístico ou o saneamento económico do concello”. Segundo Bolívar González, tanto “Salvador González como Nava Castro tentan tapar a inexistencia dun programa de goberno municipal e a súa incapacidade para resolver os problemas de Ponteareas, cunha estratexia de ataque, crítica e crispación contra a Xunta de Galiza, curiosamente o goberno que si está atendendo os grandes retos de Ponteareas como o parque empresarial”. (máis…)
Add comment 26/09/2007
Caos e interrupcións no último pleno de Ponteareas
Pódese dialogar cando non se escoita? Pregúntenlle mellor aos asistentes ao último pleno ordinario da corporación de Ponteareas no que as interrupcións e as continuas alusións ao pasado fixeron dunha reunión mensual unhas das mellores actuacións circenses. O pleno comezaba ás oito da tarde e aló polas dez e cuarto remataba logo de que o alcalde, Salvador González Solla, levantara a sesión ao non conseguir que cada un se ceñise á orde do día no tempo axeitado. (máis…)
Add comment 26/09/2007

