Archive for Outubro, 2007
O PSdeG-PSOE de Mondariz recrimina ao grupo de goberno non lle ter avisado da última asemblea de urbanismo
O PSdeG-PSOE de Mondariz solicita ao alcalde, Julio Alén, que convoque as reunións sobre urbanismo en horario de tarde ou a última hora do día para que todos os representantes dos grupos políticos poidan asistir e, así, aportar ideas e participar na redacción do futuro Plan Xeral de Urbanismo. ” (máis…)
Add comment 31/10/2007
A asociación cultural Galeguiza organiza a terceira Festa do Samhaím
O vindeiro día 31 de Outubro, na Carpa instalada na Praza Maior de Ponte Areas, a asociación cultural Galeguiza vai celebrar a terceira Festa do Samhaim que ven a ser a festividade celta e tamén galega, orixe do Hallowwen americano.
A asociación cultural Galeguiza ten a intención de recuperar tradicións culturais propias do país, como a língua, a música popular, as danzas, os xogos populares, … e como nom, as festas. (máis…)
Add comment 30/10/2007
Educación saca a licitación a ampliación do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, por máis de 1,2 millóns de euros
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar, a través dunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da obra de ampliación do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas. A Administración educativa acometerá esta obra, que conta cun orzamento base de licitación de 1.230.220 euros, co obxectivo de dar unha axeitada resposta á demanda de prazas escolares no Concello de Ponteareas. (máis…)
Add comment 30/10/2007
Nais e pais das Neves maniféstanse para pedir estabilidade no servizo de pediatría do centro de saúde
Nais e pais das Neves manifestáronse o pasado domingo día 28 diante da casa do concello para pedir ao Sergas maior estabilidade no servizo de pediatría. Tras unha reunión co delegado provincial do Sergas, as nais e pais afectados aseguran que seguirán manifestándose cada vez que falte o pediatra nas Neves. Segundo estas nais e pais no decurso da reunión o delegado do Sergas aseguroulles que a administración xa ampliara o servizo do centro de saúde nevense coa incorporación dun terceiro médico de cabeceira de xeito permanente. (máis…)
Add comment 30/10/2007
A Consellería de Vivenda e Solo contrata por 981.191 euros as obras de urbanización da segunda fase do parque empresarial de Arbo
A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, contratou por 981.191 euros a execución das obras de urbanización da 2ª fase do Parque Empresarial de Arbo. A empresa contratada disporá dun prazo de seis meses para a execución das obras unha vez asinado o contrato. (máis…)
Add comment 29/10/2007
O Club de Bádminton das Neves perde folgos en Madrid
O 27 e 28 de outubro de 2007 o CB As Neves disputou en Madrid tres encontros da primeira fase da Liga Nacional de Bádminton no pavillón do Consello Superior dos Deportes.
O CB As Neves sufríu tres derrotas nos encontros que disputou o sábado e o domingo o que lle relega á última praza do grupo B e lle obriga a xogar o play off polo descenso co CB Ladrillo de Baleares o día 10 e 17 de novembro. (máis…)
Add comment 29/10/2007
A Comisión de Urbanismo reunirase cos técnicos de Consultora Galega, encargados de realizar o proxecto de avance do PXOM de Mondariz
Hoxe luns día 29 de outubro ás 18:00 horas reuniranse no salón de plenos do Concello de Mondariz a comisión de urbanismo do Plan Xeral, que está formada por representantes dos tres grupos políticos, cos técnicos de Consultora Galega, encargados de realizar o proxecto de avance do Plano Xeral de Mondariz. Nesta reunión participarán tamén diferentes técnicos municipais. (máis…)
Add comment 29/10/2007
O BNG de Ponteareas asegura que o PXOM custará 700.000 euros fronte aos 350.000 do PXOM contratado en 2003
O BNG de Ponteareas valorou a proposta que o alcalde presentou para o vindeiro pleno ordinario na que calcula en 478.646 euros o coste que suporá facer un novo PXOM. Os nacionalistas, a través do seu portavoz Bolívar González, destacaron que en 2003 os traballos de redacción do PXOM foron adxudicados por 348.000 euros, dos que se gastaron máis de 200.000 e quedaron pendentes 124.000. (máis…)
Add comment 29/10/2007
Volta a ‘Feira de Outono’ á Praza Maior de Ponteareas
A primeira fin de semana de novembro volve a FEIRA DE OUTONO de Ponteareas, que organizan a Asociación Ecoloxista Adenco, a Asociación Cultural Casa da Triga, a Asociación Xuvenil MZS (Moz@s), o Sindicato Labrego Galego e Ecotenda Terraviva, de Ponteareas. (máis…)
Add comment 29/10/2007

