Archive for Novembro, 2007

A concellería de Servizos Sociais das Neves repartirá agasallos entre os usuarios de ‘Xantar sobre rodas’

O concello das Neves, a traverso da concellería de Servizos Sociais, coordinada por Mari Carmen Gil, realizará por segundo ano consecutivo, o reparto de agasallos de productos típicos do nadal, dentro do programa “comida a domicilio-Xantar sobre rodas”. Segundo explicou a concelleira Mari Carmen Gil, o reparto realizarase uns días antes de Noiteboa. O obxectivo desta iniciativa é facer que esas persoas que, actualmente, non teñen familia, se sintan amparadas nunhas datas do ano tan especiais como é o Nadal. O concello das Neves é pioneiro na comarca en por en marcha este programa iniciado en 2006.

Add comment 30/11/2007

O concello de Salvaterra proxecta o filme ‘Máis ca irmáns’

O concello de Salvaterra, a traverso da concellería de cultura, coordinada por Marta Valcárcel, proxectará mañá sábado, dentro do ciclo “Cinemas Dixitais” a película “Máis ca irmáns” de Ramón Costrafreda. Será na Casa de Cultura ás 21:00 horas. A entrada será de balde. Con esta iniciativa “Más ca irmáns” conta a historia real do coñecidos irmáns de Cambre, un home e unha muller que formaban parella sin saber que lles unían lazos familiares. A situación deste matrimonio supuxo un dos primeiros precedentes para o recoñecemento legal das parellas de feito debido á repercusión social e mediática que tivo o caso. Ao igual que nas anteriores proxeccións, esta película está recomendada a partir dos trece anos.

Add comment 30/11/2007

O BNG dí que PP e UCPA deixaron en ridículo ao concello de Ponteareas coa débeda de Isidoro Pino

O BNG de Ponteareas, a través da súa viceportavoz Sandra Arauxo considerou “lamentable e vergonzosa” a actuación do goberno do PP-UCPA e do Alcalde Salvador González Solla e da concelleira de Facenda Nava castro en relación coa débeda ao hosteleiro Isidoro Pino. Segundo a nacionalista “o acontecido deixa en evidencia que o concello está nunha situación económica tan grave que non é capaz nin sequera de atender pequenos pagos a pequenos empresarios, creándolles graves problemas e colocándoos en situacións límite e desesperadas como a que estivo vivindo nestas datas Isidoro Pino”. (máis…)

Add comment 30/11/2007

Decembro cultural no concello de Mondariz

O concello de Mondariz acollerá o día 8 e 9 de decembro o XX aniversario da agrupación folclórica Cear Castromao. O día 8 terá lugar o baile de confraternidade ao que todos os socios e amigos están convidados. A cita será o restaurante “Sevilla” de Mondariz. O día seguinte haberá un festival folclórico a partir das 17:30 horas no pavillón municipal. Actuarán o grupo Cear Castromao e antigos alumnos de Castromao.

Ademais a concellería de cultura programa para o día 16 unha representación teatral a cargo da compañía de teatro “A Casa da Bola” que representará “Entre dous Abismos” no auditorio do Centro Social ás 20:00 horas.Para o día 23 o grupo de Teatro Ningures representará a obra “Emigrados”, será no auditorio do Centro Social, e neste caso será as 18:00 horas.
Para rematar o ano o día 30 celebrarase unha homenaxe aos cesteiros, e haberá unha pequena festa gastronómica “Peros con viño tinto”.

Add comment 30/11/2007

A Policía Local de Ponteareas precinta o edificio sen licencia da rúa Reveriano Soutullo

precinto.jpg 

A Policía Local de Ponteareas precinta a obra do edificio da rúa Reveriano Soutullo que promove Castrodeza tra-las múltiples peticións e denuncias dos veciños no concello. Onte mesmo seguían a traballar os obreiros neste edificio que carece de licencia municipal e que comezou a construirse no ano 1971. (máis…)

Add comment 29/11/2007

O Castelo do Sobroso acolle este sábado as actividades da ‘Xornada da Familia’

Este vindeiro sábado, 1 de decembro, se desenvolverán no Castelo do Sobroso, as actividades das Primeiras Xornadas de Familia para nais e pais, educadores e educadoras, unha iniciativa que ten como obxectivo básico establecer un punto de encontro entre todos os axentes que participan na educación dos nenos e nenas como son a familia e os educadores. (máis…)

Add comment 29/11/2007

A agrupación socialista de Covelo seguirá ata o final no caso da suposta malversación de fondos por parte do alcalde e concelleiros do PP

 jose-antonio-rey-ons.jpg

O Alcalde de Covelo:  José Costa Díaz; 5 Concelleiros do PP: Juán Pablo Castillo Amigo, Hermindo Castro Vales,  Mª Eugenia Estévez Carracedo, Francisco Rocha Rodríguez e Jose Mª Vázquez López; 2 ex concelleiros  de dito Partido: Nicanor Rodríguez Costa e Manuel Vicente Ramilo. A Secretaria-Interventora: Mª Jesús Rodríguez Freire. O ex xerente do GAL (Grupo Acción Local A Paradanta):  Francisco Javier Alzola  Rico e últimamente: O actual alcalde do PP da Cañiza e na súa condición de Presidente do GAL:  César José Mera Rodríguez comparecerán ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid polas subvencións cobradas para as obras do cámping de Maceira. (máis…)

Add comment 29/11/2007

A Masa Crítica de Ponteareas convoca unha nova concentración de biciusuarios este último venres de mes

A Masa Crítica de Ponteareas convoca a todos os usuarios da bicicleta da Comarca do Condado a participar mañá venres 30 de Novembro, último venres de mes, nunha nova marcha en bicicleta pola Vila do Tea.
A Masa Crítica é unha concentración de usuarios da bicicleta que defenden a posibilidade de empregar a bici como medio de trasnporte nas distancias medias e curtas, algo que, xunto cunha mellora do transporte colectivo na Comarca, mellorando e racionalizando horarios, liñas e frecuencias, axude a resolver o problema da mobilidade no Condado e contribúa a reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.
A concentración consiste nun percorrido pola Vila de Ponteareas, empregando a bici como un elemento máis do tráfico, é dicir, sendo un elemento máis da circulación e respetando polo tanto as normas viarias.
A saída do percorrido, dunha media hora de duración, está prevista para as 20:00h dende a Praza da Igrexa de Ponteareas. Recoméndase o casco, o chaleco reflectante e/ou algunha luz na bicicleta.

Add comment 29/11/2007

A Deputación financia con 46.486 euros a actividade de conservatorios e escolas de música do Condado Paradanta

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou tres liñas de axudas por importe total de 352.177 euros que irán dirixidos a subvencionar a actividade de 43 escolas e conservatorios de música da provincia. Concretamente, 152.194 euros para conservatorios públicos non dependentes da Consellería de Educación; 149.989 para escolas de música públicas; e 49.994 euros para escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro. (máis…)

Add comment 29/11/2007

O concello de Salvaterra organiza un obradoiro de ecoloxía

O concello de Salvaterra promove un obradoiro de reciclaxe e manualidades. No ámbito ecolóxico, o obxectivo é ensinar aos máis novos a reempregar diversos materiais, mentres que a nivel económico aprenderán a fabricar obxectos con poucos cartos mediante a reciclaxe de productos do fogar como é o caso dos tubos de papel hixiénico e de papel de cociña, ou as bolsas plásticas ou as revistas. (máis…)

Add comment 29/11/2007

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds