Archive for Novembro 5th, 2007

Tradicional magosto na casa de Angelita e Arturo

magosto-angelita-e-arturo.jpg

A casa de Angelita e Arturo voltou a acoller un ano máis, a ducias de familiares e amigos que non quixeron perderse este xa tradicional magosto a base de castañas asadas, lamprea seca, viño novo e vello, chourizo asado e, como non, doces típicos da zona. Como non podía ser doutro xeito o bo humor e as risas  reinaron na reunión na que os convidados non deixaron de agradecerlle aos anfitrións que, ano tras ano, segan a organizar este magosto tan tradicional como familiar.

Add comment 05/11/2007

Os nevenses David Durán e Pablo Méndez participaron no Bádminton GP-VI Gran Premio Cidade de Leganés

Do 2 ao 4 de novembro de 2007, dous xogadores pertencentes ao CB As Neves participaron no Bádminton GP-VI Gran Premio Cidade de Leganés, unha proba dotada con 3000 euros de premios e cos mellores xogadores. Pablo Méndez e David Durán non acadaron pasar do 1/16 de final a pesares de realizar bos partidos. Os resultados quedaron así: (máis…)

Add comment 05/11/2007

O alcalde de Ponteareas analiza cos veciños de Areas, Arnoso e Xinzo o desenvolvemento da terceira fase das obras de saneamento

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, mantivo unha reunión cos representantes das asociacións veciñais de Xinzo, Areas e Arnoso para facer un seguimento das obras da terceira fase do saneamento destas parroquias, que se comezaron a executar a principios de outubro e que está previsto que rematen na primaveira-verán. O encontro, que se celebrou ás 20:00 horas nas dependencias da Casa do Concello e que contou tamén coa presencia do concelleiro de Servizos Comúns, Domingo Freitas, servíu para facer un seguimento das obras e das futuras conexións domiciliarias á rede de saneamento, así como tamén se abordaron outras cuestións referentes á execución dos traballos. (máis…)

Add comment 05/11/2007

O día 26 de novembro comeza o obradoiro de arte floral de nadal no Centro Social das Neves

O concello das Neves continúa no mes de novembro coa programación de diversos obradoiros dirixidos a persoas maiores do concello. Neste senso, realizouse os días 2 e 3 (os venres, de 18:00 ata 20:00 horas e os sábados de 17:00 a 19:00 horas), nas instalacións do Centro Social. A responsable do curso foi Mari Paz Rodríguez. O día 26 de novembro comeza o II módulo do obradoiro de manualidades en arte floral de nadal que terá a Josefina Alonso como profesora. As clases prolongaranse os días 3, 10 e 17 de decembro, dende as 17:00 ata as 19:00 horas.

Add comment 05/11/2007

O BNG opúxose ás subas de taxas e impostos que foron aprobadas por PP-UCPA no último pleno de Ponteareas

A Viceportavoz do BNG en Ponteareas, Sandra Arauxo, criticou a decisión do PP e UCPA de incrementar “de maneira espectacular” numerosas taxas e impostos, que van supoñer “un incremento grave da presión fiscal sobre os veciños e veciñas de Ponteareas sen que ese aumento de impostos supoña unha mellora nos servizos nin o saneamento económico do concello”. (máis…)

Add comment 05/11/2007

O BNG de Arbo congratúlase da posta en marcha do comedor escolar no colexio público Antonio Carpintero

O BNG de Arbo congratúlase da posta en marcha do comedor escolar no colexio público grazas a moción presentada polo BNG e aprobada polo Pleno Ordinario de Decembro de 2005, que permitiu que finalmente neste curso académico se puxera en marcha ese novo servizo. (máis…)

Add comment 05/11/2007

Galiza Nova inicia as xestións para que Ponteareas teña un local de ensaio para grupos musicais

A organización xuvenil Galiza Nova de Ponteareas anunciou o inicio de xestións e actuacións diante da Vicepresidencia da Xunta, que dirixe o nacionalista Anxo Quintana, dirixidas a lograr que Ponteareas conte cun local de ensaio para grupos musicais da localidade. (máis…)

Add comment 05/11/2007

A Deputación destina 231.490 euros para mellorar a estrada Ponte do Val-Barciademera, en Mondariz

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o proxecto de mellora do trazado e do pavimento da estrada provincial Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo), por un orzamento de 231.490,39 euros.
Esta actuación era unha demanda social longo tempo demandada pois o devandito tramo resulta moi perigoso para a alta densidade de tráfico que tén a estrada nese punto, particularmente para o paso de autobuses e transporte escolar. Na actualidade, esa estrada tén un ancho de catro metros que, coa actuación prevista, será sustancialmente mellorado e ancheado.
A obra aprobada ven a complementar a mellora integral do trazado desta provincial entre Mondariz e Covelo pois en datas recentes a Deputación xa adxudicou o tramo Barciademera-Covelo.

Add comment 05/11/2007


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds