Archive for Novembro 9th, 2007
Entrevista a Guillermo Rodríguez Carballido por Anxo Gutiérrez Barros
-¿Por que decide deixar o cargo de concelleiro de deportes?
-Pois o principal motivo é que non lle podo dedicar o tempo que creo que é o axeitado e que se merece unha concellería. (máis…)
Add comment 09/11/2007
Nós-Unidade Popular de Salvaterra recolle sinaturas para a mellora do servizo de saúde
Despois de denunciar públicamente a situación do servizo de saúde pública en Salvaterra, a asemblea comarcal de Nós-Unidade Popular decidíu iniciar unha campaña de recollida de sinaturas que levarán a todas as parroquias do concello para esixir ao goberno local e a toda a oposición o inicio das medidas de presión ao seu alcance para que o servizo de urxencias sexa restaurado canto antes en Salvaterra. (máis…)
Add comment 09/11/2007
O concello da Cañiza inaugura o Punto Limpo
O vindeiro luns, 12 de novembro, comezará a funcionar o Punto Limpo da Cañiza, situado na terceira fase do polígono industrial, na marxe dereita da estrada N-120, dirección Ourense. O recinto permanecerá aberto de luns a venres, en horario de 10:30 a 12:30 horas pola mañá e de 15:00 a 17:00 horas pola tarde. Este horario estará suxeito ás demandas do servizo, de xeito que si resultara insuficiente, estudiaríase a posibilidade de poder amplialo. (máis…)
Add comment 09/11/2007
O Partido Popular de Ponteareas celebrará a súa cea anual de confraternidade o vindeiro 23 de novembro
O Partido Popular de Ponteareas iniciou xa os preparativos para a celebración da súa cena anual de confraternidade entre afiliados e simpatizantes, que servirá tamén para festexar a proximidade das festas do Nadal. (máis…)
Add comment 09/11/2007
A entidade local de Queimadelos, Mondariz, organiza as primeiras xornadas micolóxicas

A Entidade Local Menor de Queimadelos organiza coa colaboración da AAVVCarballo da Armada e o Grupo Ecoloxista ADENCO as primeiras xornadas micoloxicas que se celebran no termo municipal de Mondariz. Esta iniciativa ten os seus antecedentes nas primeiras saídas o monte promovidas pola asociación de veciños da parroquia e que a Entidade Local quere potenciar como un xeito de apreciar e valorar o monte e os seus recursos “ son moitos e moi variados e podemos potencialos” segundo afirma Manuel Portas, alcalde pedáneo. (máis…)
1 comment 09/11/2007
O CEP Carlos Casares de Alxén, Salvaterra, celebrou unha semana adicada ao magosto

No CEP Carlos Casares de Alxén estiveron celebrando a semana do Magosto. Realizaronse moitas actividades como a exposición de xoguetes tradicionais “ Brincar cos xoguetes de sempre” . Os alumnos e alumnas confeccionaron bonecas con espigas de millo e unhas petecas (xogo tradicional do Brasil) que se confeccionan co follato desta planta. O Samaín tamén foi protagonista e todo o alumnado esmerouse facendo cabazas decoradas, que logo colocaron por todos os corredores do colexio. O como non, os saborosos postres elaborados cos froitos do outono ocuparon boa parte do tempo nesta semana.
Add comment 09/11/2007
Normalización Lingüística de Ponteareas informa das probas para a obtención do CELGA
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, Festas, Xuventude e Comercio, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quere irformar da convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística das primeiras probas oficiais para a obtención dos novos certificados de lingua galega -Celga-, niveis 1 e 4, que se levarán a cabo o 1 de decembro e 15 de decembro, respectivamente, nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. O prazo de inscrición para a proba do Celga 1 rematará o 16 de novembro e para o Celga 4 o vindeiro 28 de novembro. (máis…)
Add comment 09/11/2007
Arantei, Salvaterra, celebra o domingo día 11 a IX Festa do Viño Novo

Máis de 2.000 litros de viños branco e tinto da recente sosecha, se sevirán gratuitamente nesta xornada.
Dende primeiras horas da mañá do domingo día 11 de novembro, a parroquia salvaterrense de Arantei comezará a servir de balde os viños branco e tinto da recente colleita no transcurso da novena edición da Festa do Viño Novo que se celebrará no Pavillón dos Deportes. (máis…)
Add comment 09/11/2007
O CB As Neves xógase este sábado, ante a súa afección, a permanencia en primeira división
O sábado día 10 de outubro de 2007 o Club Bádminton As Neves xógase a permanencia en primeira división nacional diante do Club Bádminton Ladrillo. O encontro dispútase de 16 a 19:30 h. no Pavillón Municipal das Neves. (máis…)
Add comment 09/11/2007
O Pleno de Ponteareas cede a xestión do Centro de Dia a Vicepresidencia co voto en contra do PP
O Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Ponteareas aprobou ceder a xestión do Centro de Día ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, creado pola Vicepresidencia da Xunta que dirixe o nacionalista Anxo Quintana. A cesión, proposta pola concelleira de benestar social e portavoz da UCPA, Nava Castro, foi aprobada cos votos a favor do BNG, mentres o Alcalde Salvador González Solla e o grupo do Partido Popular se opuxeron e votaron en contra. (máis…)
Add comment 09/11/2007

