Entrevista a Guillermo Rodríguez Carballido por Anxo Gutiérrez Barros
Noviembre 9, 2007
-¿Por que decide deixar o cargo de concelleiro de deportes?
-Pois o principal motivo é que non lle podo dedicar o tempo que creo que é o axeitado e que se merece unha concellería.
-¿Recibíu algunha presión para deixar este cargo ou foi, únicamente, decisión persoal?
-Foi iniciativa propia e decisión persoal, ninguén me puxo ningunha condición e, ao contrario, os meus compañeiros me animaron a que continuara.
-¿Que foi o que máis lle gustou do seu paso pola concellería de deportes? ¿e o que menos?
-Pois o que máis me gustou foi a convivencia cos meus compañeiros de partido, as experiencias e coñecer o funcionamento da política municipal. O que menos me gustou foi un recordo desagradable, que foi o accidente que tivo un participante na marcha ciclista popular, que acabou coa súa vida.En xeral fago un balance positivo dos seis meses que estiven de concelleiro de deportes.
-¿Abandona totalmente o mundo da política ou seguirá militando nun segundo plano?
-Abandono como personaxe público da política pero sí que seguirei sempre colaborando coa xente que me axudou e, por suposto, cos compañeiros do meu partido. Tamén apoiarei ao meu sucesor para continuar coa liña de traballo desenvolvida ata agora.Da mesma forma que quedo tamén a disposición dos veciños para calquer tipo de colaboración que poida xurdir.
-No mundo do deporte ponteareán, ¿queda moito por facer?
-Si, queda bastante por facer, quedan moitos proxectos por conseguir coma a construción do novo pavillón, a oferta de novas escolas municipais ou mellorar infraestructuras.En conclusión, que se vexa que é un concello comprometido co deporte.
-¿Por que a UCPA?
-Pois en primeiro lugar, porque foron os primeiros en chamarme e estou cómodo nun partido baixo as siglas independentes onde creo no bo facer das persoas, e na súa calidade humana sen ter que seguir ningunha ideloxia e ningún postulado político.
Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed