Archive for Novembro 12th, 2007
A Cruz Vermella de Ponteareas organiza un obradoiro de Primeiros Auxilios
A Asemblea Local da Cruz Vermella de Ponteareas realiza un taller de Primeiros Auxilios nas instalacións do Centro Multiusos, dirixido a persoas inmigrantes, refuxiados e emigrantes retornados. Este taller levarase a cabo nos días 16 e 23 de Novembro, en horario de 17:30h a 19:30h.
Cruz Vermella Española a través do programa de Inmigrantes e Refuxiados do Plan de Intervención Social, leva a cabo unha acción específica en materia de protección social ás persoas inmigrantes. Na provincia de Pontevedra púxose en marcha o proxecto “Atención Integral a Inmigrantes, Refuxiados e Emigrantes retornados” en colaboración coa Fundación “Pedro Barrié de la Maza”, co que se pretende dotar de ferramentas útiles e eficaces a estas persoas, para poder afrontar de forma favorable o proceso migratorio polo que están a pasar e/ou pasaron.
A Asemblea Local de Ponteareas, continuando coa labor xa iniciada no ano 2004, co Servicio de Atención e as Clases de Español, ofertará diferentes actividades e accións formativas a este colectivo, como o presente Taller de Primeiros Auxilios. (máis…)
Add comment 12/11/2007
A Asociación de Nais e Pais do I.E.S Pedra de Auga organiza un debate baixo o título ‘A educación encerra un tesouro’
A Asociación de Nais e Pais do I.E.S Pedra de Auga de Ponteareas organiza un debate baixo o título “A Educación encerra un tesouro”. Este encontro pretende unir a comunidade educativa ó redor de obxectivos comúns, esclarecer sobre o estado actual da ensinanza pública e privada e atopar solucións viables que poidan axudar a cambiar a situación de apatía e desgana.
O lugar será o salón de actos do I.E.S Pedra da Auga o 15 de novembro ás 20:30 horas. Intervirán os Directores/as dos Centros de Ensinanza: C.E.I.P. Nosa Sra. dos Remedios, C.E.I.P. Fermín Bouza Brey, C.E.I.P. Ramiro Sabell Mosquera, Colexio Santiago Apóstol, Colexio de la Inmaculada, I.E.S. Val do Tea, C.I.F.P. A Granxa e I.E.S. Pedra da Auga.
Modera: Carmen Arjones (Presidenta. I.E.S. Pedra da Auga).O debate esta dirixido a profesores, nais, pais, alumnos, políticos e medios de comunicación. Durante o debate reflexionarase sobre o alumnado na sociedade actual, a preparación do profesorado para facer fronte ós cambios da sociedade, a educación como contribución ao desenrolo global de cada persoa e a calidade de comunicación entre profesores e alumnos. Tamén se debatirá sobre os programas educativos de atención a diversidade deben garantir efectivamente a igualdade de dereitos na educación; así como o que se consegue cos contidos que imparte na escola. Entre algúns dos temas tratarase a importancia da familia da comunidade educativa ou a participación e implicación de nais e pais no proceso de ensinanza e aprendizaxe dos seus fillos.
Add comment 12/11/2007

