Archive for Novembro 14th, 2007

Os traballadores autónomos poderán coñecer mellor o novo estatuto en Ponteareas

Dar a coñecer o novo Estatuto do Traballador Autónomo é o obxectivo da antena de Mondariz-Balneario, a oficina da Cámara de Vigo que presta servizo ás empresas do Condado. Con este propósito e dada a transcendencia empresarial desta norma, a oficina territorial organizará unha xornada o día 16 de novembro en Ponteareas, na que se analizarán os seus contidos máis relevantes, a partir da propia definición de traballador autónomo e a nova figura do traballador autónomo dependente, ata a extensión da protección social do autónomo. Esta xornada gratuíta, na que colabora a Asociación de Comerciantes de Ponteareas, será impartida por Ignacio Olcoz no Sportivo de Ponteareas de 20.30 a 21.30 horas. (máis…)

Add comment 14/11/2007

As Neves acolle unhas xornadas contra a violencia de xénero

xornada-violencia-de-xenero.jpg 

O Concello das Neves inaugurou onte as primeiras xornadas contra a violencia de xénero. A concelleira de Asuntos Sociais, Mari Carmen Gil, afirmou na presentación que deberían asistir en maior número homes e tamén xente nova. “Sería tamén interesante que moitos homes acudisen a estas xornadas, principalmente porque, aínda que son poucos, tamén hai casos de violencia contra os homes”, puntualizou. Esta iniciativa pretende sensibilizar á poboación local e inscríbese no ámbito do “Día Internacional contra a violencia de xénero”, que se conmemora o 25 deste mes. (máis…)

Add comment 14/11/2007

Centos de cativos visitaron o Planetario Viaxeiro situado no Centro de Cultura de Salvaterra

planetario.jpg

Centos de cativos tiveron a ocasión de coñecer de preto o mundo das estrelas no Planetario Viaxeiro que a entidade La Caixa desprazou ata o  Centro de Cultura de Salvaterra. Deste xeito, os nenos puideron achegarse ao ceo grazas a este peculiar planetario no que unha monitora lles explicou os movementos da terra e do Sol, a creación das galaxias  ou a Lúa entre outros coñecementos.

Add comment 14/11/2007

Os concellos dispoñen de dous meses para presentar propostas, a través da Deputación, ás novas axudas FEDER que substitúen o suprimido Programa Operativo Local (POL)

Os concellos da provincia de Pontevedra dispoñen de dous meses para presentar propuestas, a través da Deputación, ó novo programa europeo que sustitúe ó recentemente desaparecido Programa Operativo Local (POL). O POL supoñía unha cuantía anual para inversións na provincia de 10 millóns de euros. (máis…)

Add comment 14/11/2007

Cultura da comezo aos obradoiros de Regueifas no IES das Neves

Un ano máis a Consellaría de Cultura e Deporte organiza os obradoiros de regueifas en centros de secundaria da provincia de Pontevedra co obxectivo de potenciar o estudo e coñecemento da literatura de tradición oral. Mañá comezan os talleres nos institutos Ribeira de Louro no Porriño e Pazo da Mercé das Neves da man dos regueifeiros Luís `Caruncho’ e Pinto d’Herbón para continuar noutros 16 centros da provincia ata o 30 de novembro. (máis…)

Add comment 14/11/2007

O PSOE de Crecente solicita un pleno urxente

José Luis Rocha Tirso,secretario local socialista e concelleiro en Crecente, solicita que se convoque un pleno urxente para aclarar que relación ten o concello co que aconteceu en relación ao veciño que ameazou con prender lume ao concello. “Segundo os medios de comunicación pode estar relacionado con licencias e denuncias de urbanismo, así que debería explicarse todo isto nun pleno”.

Add comment 14/11/2007

Política Territorial aproba o estudo informativo e de impacto ambiental do acceso da PLISAN á Autovía das Rías Baixas A-52

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o estudo informativo e de impacto ambiental do acceso da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN) á Autovía das Rías Baixas A-52. Xunto con esta resolución tamén se publica a declaración de impacto ambiental desta obra formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente. (máis…)

Add comment 14/11/2007

A Asociación de Comerciantes de Ponteareas esixe o regulamento dos vendedores ambulantes

Maite Isla Avión, presidenta da Asociación de Comerciantes de Ponteareas, asegura que sábado tras sábado membros desta Xunta directiva percorren os postos da venda ambulante e ven con asombro que a maior parte dos postos seguen sen cumprir a ordenanza da venda ambulante municipal e por iso solicita ao concello que os vendedores ambulantes estean identificados e que declaren a súa actividade, ademais de que recollan o lixo e non aparquen as furgonetas nas entradas dos comercios. (máis…)

Add comment 14/11/2007

O PSdeG-PSOE de Ponteareas explica ás Asociacións de Veciños o estado das obras de saneamento

Nos próximos días o Grupo Municipal Socialista de Ponteareas solicitará unha reunión coas Asociacións de Veciños clarexar distintos puntos do saneamento. En concreto os socialistas queren aclararlle as AAVV de Xinzo, Arnoso e Areas que actualmente estanse a desenvolver as obras da 3ª fase do saneamento das devanditas parroquias, financiadas pola Consellería de Medio Ambiente que continuarán no  ano 2008. (máis…)

Add comment 14/11/2007

O colexio público de Covelo celebrou o seu particular magosto

2magosto-en-el-cpie-de-cov.jpg

Os alumnos do colexio público de Covelo desfrutaron dunha mañá de magosto na que non faltaron as castañas e os xogos.

Add comment 14/11/2007

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds