Archive for Novembro 16th, 2007
A Consellería de Vivenda adxudicará antes de fin de ano os traballos do proxecto sectorial, último trámite antes de adquirir e urbanizar os terreos
O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz municipal Bolívar González, informou que o vindeiro luns procederase na Consellaría de Vivenda á apertura das ofertas presentadas para a redacción do proxecto sectorial do parque empresarial de Ponteareas. Así o confirmou hoxe a xerente de Xestur, Bárbara Fernández, na reunión da comisión de seguimento que se celebrou na casa do Concello e á que asistiron representantes de todos os partidos políticos e dos colectivos veciñais de Guláns e Cristiñade. (máis…)
Add comment 16/11/2007
Galiza Nova e representantes de grupos locais visitan o local de ensaio de Redondela
A organización xuvenil Galiza Nova de Ponteareas continua coas xestións e actuacións dirixidas a lograr que Ponteareas conte cun local de ensaio para grupos musicais da localidade. (máis…)
Add comment 16/11/2007
Aberto o prazo de inscrición para o curso de teatro en Salvaterra
O concello de Salvaterra, a traverso da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), informa da apertura do prazo de inscrición para o curso de teatro que se desenvolverá a partir da segunda quincena de decembro e estará dirixido a cativos de 7 a 13 anos. (máis…)
Add comment 16/11/2007
O delegado provincial de Medio Rural presenta hoxe en Arcos o ‘Roteiro dos Penedos’ que a consellería vai executar no monte da Picaraña
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arcos inaugura esta tarde ás 17:00 horas o “Roteiro dos Penedos”. Ao acto inaugural asistirá o delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla. A visita comezará ás 17 horas, na Casa Rectoral de Arcos, desde onde o Delegado acompañado de directivos da CMVMC e veciños/as da parroquia se trasladará ao monte Cotres onde se construíu un depósito de carga de helicópteros. Posteriormente trasladarase ao monte da Picaraña, á altura da Pena do Equilibrio, para coñecer os traballos de desbroce, rareo e poda realizados en 20 Has do monte comunal; de seguido acudirá á Cruz da Picaraña onde os comuneiros explicarán ao Delegado o proxecto elaborado para recuperar o mirador e a zona recreativa deste lugar. Finalmente, ás 18,30 celebrarase unha rolda de prensa na Casa Rectoral de Arcos na que o Delegado Provincial, Gonzalo Constenla, o Presidente da Comunidade de Montes, Eladio Iglesias e o Vicepresidente, Roberto Mera, presentarán o “Roteiro dos Penedos”, unha rota de sendeirismo de case 7 quilómetros que percorrerá 23 penedos catalogados pola comunidade de montes e cuio acondicionamento será executado de inmediato pola Consellaría do Medio Rural.
Add comment 16/11/2007
Os alcaldes de Cañiza e Covelo serán xulgados polo Tribunal Supremo

Os alcaldes da Cañiza e O Covelo, César Mera e José Costa Díaz, serán xulgados polo Tribunal Supremo, así como cinco concelleiros e dous ex concelleiros doPP do Covelo, a secretaria-interventora deste concello e o ex xerente do Grupo de Acción Local (GAL) A Paradanta, por falsedade documental, malversación de fondos públicos e outros presuntos delitos en relación coas obras do cámping de Maceira cun orzamento que se excedeu en máis de 120.000 euros e sen rematar mentras sí se certificou que estaban rematadas. (máis…)
Add comment 16/11/2007

