Archive for Novembro 19th, 2007

A Cañiza contará cun observatorio astronómico da Fundación Ceo

telescopio_y_montura_de_noc.jpg 

O concello da Cañiza incorporarase ao padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) trala recente aprobación en pleno da súa incorporación como patrono da FC3. A súa representación legal no padroado recaerá sobre a concelleira de cultura desta casa do concello. (máis…)

Add comment 19/11/2007

Adenco denuncia a ’salvaxe’ tala das árbores do parque da Feira Vella de Ponteareas

feira-vella-017.jpg

A organización ecoloxista Adenco asegura que na mañá do martes 13 de Novembro operarios do Concello de Ponteareas procedían a iniciar unha “salvaxe” tala das árbores do Parque da Feira Vella do Concello de Ponteareas, unha das poucas zonas verdes da Vila do Tea. “O lugar é moi frecuentado nas calurosas tardes de verán e dende fai anos as árbores foran podadas de xeito que desen sombra en grande medida, algo que agora xa será imposible nas árbores taladas, das que pouca máis queda que o tronco”. (máis…)

Add comment 19/11/2007

O Centro Artístico Sportivo nomea ’socio de honra’ a M. Ángel Viro

O Centro Artístico Sportivo homenaxeou a Manuel Ángel Viro Caamaño, director da coral,  no marco dunha cea á que asistiron ducias de socios, veciños e familiares.  Tras nomealo “socio de honra” a directiva do C.A Sportivo en nome de tódolos socios quixo homenaxealo nunha cea na que non faltaron os momentos emotivos nin os agasallos.

1 comment 19/11/2007

O BNG critica a ‘parálise municipal’ en Arbo

Os nacionalistas arbenses chaman a atención sobre o feito de ser Arbo un Concello no que, malia ter maioría absoluta o PP, aínda non foron presentados os orzamentos de 2007. Esta situación é habitual en gobernos sen respaldo no Pleno. Pero, aparentemente, este non é o caso. Segundo os nacionalistas o PP mantivo, polos pelos, a maioría absoluta que xa tiña na primeira parte do ano. Malia gozar desta situación Arbo ten prorrogados os orzamentos de 2006. Isto significa que non se puideron acometer novas obras polo que os veciños e veciñas se resenten. Se non hai novas actuacións Arbo non pode mellorar a calidade dos seus servizos públicos, nin atender aquelas obras máis perentorias e necesarias. (máis…)

2 comments 19/11/2007

A CIG consegue os tres delegados do persoal funcionario do concello de Ponteareas

O pasado venres día 16 celebráronse as eleccións sindicais no seo do persoal funcionario co Concello de Ponteareas. O número de representantes diminuíu de 5 a 3 pola reducción do persoal funcionario (48 fronte a 52 de hai 4 anos), polo que a elección foi para Delegados de Persoal funcionario, non para “Xunta de Persoal” como tiña acontecido en anteriores procesos eleitorais. (máis…)

Add comment 19/11/2007

A A.N.P.A do IES Pedra da Auga agradece aos participantes a asistencia ao debate

coloquio-pedra-dagua-459.jpg

A ANPA I.E.S. Pedra da Auga quere agradecer aos directores comparecentes e a todas as persoas que asistiron ao debate celebrado o xoves 15 de novembro sobre “Reflexión sobre a Educación en Ponteareas”. Segundo éstes foi un debate amplo de case 3 horas, cordial e participativo, e con gañas de profundizar e repetir esta experiencia. (máis…)

Add comment 19/11/2007

O BNG de Mondariz propón ao Pleno a suspensión de licenzas urbanísticas no solo urbano

O BNG de Mondariz propón ao Pleno a suspensión de licenzas urbanísticas no Solo Urbano. Entre algúns dos motivos que expresan para solicitar esta medida, está a anchura media das rúas de Mondariz, nas que é posible construir edificios de vivendas, que oscila entre os 6 e os 10 metros, unhas dimensións absolutamente “ridículas e insuficientes” que segundo éstes hipotecarán irremediablemente o futuro da vila se non se para a tempo. (máis…)

Add comment 19/11/2007

O Partido Popular de Ponteareas ultima os preparativos para a cea de confraternidade

O Partido Popular de Ponteareas ultima os preparativos para a celebración da súa cea anual de confraternidade entre afiliados e simpatizantes, que servirá tamén para festexar a proximidade das festas do Nadal.  A xuntanza celebrarase o venres, 23 de novembro, a partires das 21:30 horas no restaurante “El otro mundo del Tea” de Ponteareas. Alí, a agrupación local do PP de Ponteareas, que preside o alcalde, Salvador González Solla, reunirase coa militancia. (máis…)

Add comment 19/11/2007

A parroquia de Arcos, en Ponteareas, e Medio Rural recuperan 20 penedos para un roteiro de sendeirismo na Picaraña

O Delegado Provincial da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, Gonzalo Constenla, presentou o venres día 16 na parroquia de Arcos, o “Roteiro dos Penedos da Picaraña”. No acto de presentación tamén interviron o presidente dos comuneiros, Eladio Iglesias, o vicepresidente Roberto Mera, e o xornalista e escritor Manrique Fernández.
Eladio Iglesias e Roberto Mera agradeceron o apoio prestado nos últimos dous anos por parte da Consellería do Medio Rural á parroquia de Arcos, onde este departamento da Xunta investíu 90.000 euros repartidos en actuacións como a construcción dun depósito de auga para carga de helicópteros, a mellora da área da Pena dos Namorados, o rareo e desbroce de 40 hectáreas de monte e agora a creación do roteiro. (máis…)

Add comment 19/11/2007

O auditorio de Ponteareas acolle a proxección dos filmes ‘Entre Bateas’ e ‘Jalisco’ dentro do ciclo ‘Cinemas Dixitais’

Dentro do ciclo “Cinemas Dixitais”, esta semana o auditorio municipal Reveriano Souturro de Ponteareas acollerá a proxección dos filmes Entre bateas e Jalisco.
O luns, 19 de novembro, proxectarase o filme Entre bateas de Jorge Coira Nieto do ano 2002, que narra o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. (máis…)

Add comment 19/11/2007

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds