Archive for Novembro 21st, 2007
A asociación pola defensa do patrimonio inmaterial ‘Bagaña da Remelisca’ presenta o primeiro número da revista oral ‘Fiar no Tempo’ no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas
O venres 23, a recén creada Asociación para a defensa do patrimonio inmaterial “Bagaña da Remelisca”, porá en marcha o primeiro número da revista oral “Fiar o Tempo”. Será a partires das 20:00 horas no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. (máis…)
Add comment 21/11/2007
Automoción ‘Toyota-Ponteareas’ organiza unha xornada de formación cos institutos da Cañiza e Ponteareas
Automoción “Toyota-Ponteareas” organiza unha xornada cos institutos de formación da Cañiza e Ponteareas, dirixida a alumnos de entre 15 e 18 anos. A xornada comezará a partires das 09:30 horas de mañá xoves día 22 de novembro coa apertura da xornada formativa á que asistirán distintas personalidades, a continuación falarase de seguridade vial tocando temas como o emprego do cinturón, a incidencia de tráfico e golpes ou as distracións ao volante. (máis…)
Add comment 21/11/2007
A Asemblea do Suído amosa que o Concello de Covelo incumpre as bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”
A Asemblea do Suído insta á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e ao Concello de Covelo a que se expliquen polo incumprimento das bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”.
A Asemblea do Suído acaba de denunciar ante a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o incumprimento das bases do programa de fomento da sostibilidade. Os criterios de selección do programa dín que os concellos deben respectar o “cumprimento da normativa ambiental vixente, o que implica que os entes locais non estean incursos en procedementos administrativos (sen prexuízo do esixible en vía civil, penal ou doutra orde) que teñan a súa orixe e ilícitos ambientais acaecidos no seu territorio.” (máis…)
Add comment 21/11/2007
Salvaterra apúntase ao ciclo ‘Cinemas Dixitais’
O concello de Salvaterra apoia a posta en marcha do ciclo “Cinemas Dixitais” no concello coa proxección de diversas produccións audiovisuais galegas. Esta semana, os días 24 e 25, exhibiranse as películas “Autopsia” e “Sara” na Casa de Cultura ás 21:00 horas o sábado e as 19:00 horas o domingo. A entrada será de balde. (máis…)
Add comment 21/11/2007
O historiador Carlos Solla presenta o seu último libro no local social da Baiuca Vermelha, en Ponteareas
O historiador Carlos Solla presenta o seu último libro no local social da Baiuca Vermelha ás 20:30 horas. No seu libro, Carlos Solla denuncia a destrucción física e simbólica da montaña con máis lendas mitolóxicas de Galiza. Os asistentes ademais de escoitar ao autor poderán participar no coloquio posterior.
Add comment 21/11/2007
A Assembleia de Mulheres do Condado organiza un acto de repulsa contra o machismo o vindeiro día 25 de novembro
Con motivo da celebración do ‘Día contra o terrorismo machista’ o vindeiro 25 de novembro a Assembleia de Mulheres do Condado convida a toda a sociedade a participar nun acto de repulsa contra a peor cara do machismo. O acto será o domingo día 25 de novembro ás 13:00 horas na Praza da Igrexa de Ponteareas.
Add comment 21/11/2007
Román Alonso é elixido coordinador comarcal de Esquerda Unida

O coordinador local de Esquerda Unida en Ponteareas, membro do Consello Político Nacional e expresidente da Comunidade de Montes de Ponteareas, Román Alonso, foi elixido polo consello comarcal de EU-IU novo coordinador comarcal. Nesta última xuntanza do consello comarcal aprobouse unha renovación parcial da executiva comarcal quedando como coordinador comarcal: X. Román Alonso Santos, responsable de organización Carlos Suárez Vila, finanzas: Roi Rodríguez Cagiao, comunicación: Irene Otero Muras e responsable da área da Muller: María Estévez Ruano. (máis…)
Add comment 21/11/2007
O C.E.P Carlos Casares de Alxén, Salvaterra, celebrou a ‘Semana da Merenda Saudable’
O C.E.P. Carlos Casares de Alxén ( Salvaterra de Miño) celebrou a “Semana da Merenda Saudable” na que estiveron a traballar os correctos hábitos alimentarios. Nesta semana falaron roda dos alimentos, da pirámide da alimentación, do que debemos comer e do que debemos evitar. Esta iniciativa partíu da necesidade de que as nenas e nenos leven para a hora do recreo unha merenda o máis equilibrada e variada posible. “Sabemos o difícil que é en moitas ocasións facerlle tomar certos alimentos aos nenos/as pero non é imposible. Coa colaboración da familia e o traballo nas aulas a Semana da Merenda saudable foi todo un éxito”. (máis…)
Add comment 21/11/2007

