Archive for Novembro 22nd, 2007
O alcalde de Ponteareas recibíu aos deportistas do equipo Karpin Galicia
O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, recibíu aos deportistas do equipo Karpin Galicia de ciclismo, que na actualidade preparan a tempada 2007-2008 na vila do Tea. A recepción, á que asistiron a totalidade dos 19 deportistas que integran o primeiro equipo ciclista profesional da historia do ciclismo galego, celebrouse onte nas instalacións da piscina municipal de Ponteareas, onde o rexedor da vila aproveitou para entregar uns agasallos a todo o equipo e desexarlles os mellores éxitos deportivos para a vindeira tempada. (máis…)
Add comment 22/11/2007
O BNG anuncia solucións aos problemas de telefonía e internet en Couso, parroquia de Guláns, Ponteareas
O BNG de Ponteareas, a través do seu concelleiro e membro da Executiva Nacional, Roberto Mera, anunciou a posta en marcha “por parte da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, de actuacións e medidas para resolver o grave problema de telefonía e acceso a internet que sufre o lugar de Couso, en Guláns”. Mera lembra que Couso “carece de acceso a internet, dispón dun sistema de telefonía convencional anticuado e de moi mala calidade e carece de cobertura de telefonía móbil.” (máis…)
1 comment 22/11/2007
Adenco avalía positivamente a 18ª edición das ‘Xeiras Micolóxicas’, pese a escaseza de cogumelos

O Grupo Ecoloxista ADENCO avaliou moi positivamente a 18ª edición das Xeiras Micolóxicas do Condado, que se celebraron con diferentes actos na Comarca entre o 27 de Outubro e o 19 de Novembro. (máis…)
Add comment 22/11/2007
Ponte…Nas Ondas! convida a sumarse ás cadeas humanas nas pontes sobre o río Miño mañá día 23
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! diríxese aos cidadadáns da Eurorrexión para que o próximo 23 de novembro se sumen aos mozos e mozas dos centros educativos das dúas beiras do Miño na petición, aos gobernos de España e Portugal, da inscrición na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. (máis…)
Add comment 22/11/2007
Covelo acolle as xornadas formativas ‘A busca da sostibilidade dende os concellos’ abertas a concelleiros e técnicos dos núcleos de sostibilidade
Os vindeiros días 26 e 27 de novembro desenvolveranse na Casa Reitoral de Santa Mariña, sede da Axencia Local de Sostibilidade de Covelo, as Xornadas Formativas: “A busqueda da sostibilidade dende os concellos” organizadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
O día 26 de novembro, as xornadas de formación están dirixidas ós técnicos e concelleiros dos municipios das provincias de Pontevedra e Ourense nos que se está a desenvolver o programa piloto dos Núcleos de Sostibilidade Integrada. O día 27 de novembro a convocatoria está aberta a técnicos de medio ambiente e concelleiros doutras entidades locais. (máis…)
Add comment 22/11/2007

