Archive for Novembro 27th, 2007
Un grupo de veciños da rúa Reveriano Soutullo de Ponteareas advirte de obras ilegais


Un grupo de veciños da rúa Reveriano Soutullo de Ponteareas ven de denunciar a reanudación da construción dun edificio composto por planta baixa, tres plantas e baixo cuberta destinados a baixo e vivendas que carece da licencia municipal preceptiva.
Segundo estes veciños o edificio que promove Castrodeza posúe unha licencia do ano 1970 cando era propiedade da familia Mariño. Logo de trinta e seis anos paralizado a promotora comeza a obrar en abril de 2007 nunha estructura de dubidosa calidade. Dende o principio os veciños amosaron a súa preocupación xa que eran conscientes das múltiples gretas que presentaba a estructura e do perigo que representaba. (máis…)
Add comment 27/11/2007
Sita López e Fátima Penabella gañan o X Concurso de Tartas de Santiago de Oliveira, Ponteareas
Sita López e Fátima Penabella gañan os primeiros premios do X Concurso de Tartas que organiza o Centro Cultural “Os Muíños de Santiago de Oliveira”. O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, foi o encargado de entregar os premios xunto á xerente da Escola de Hostelería Emprendex de Tui, María José Viana. (máis…)
Add comment 27/11/2007
O Castelo de Sobroso, Ponteareas, acolle a exposición ‘Unha vez no ano’

O Castelo de Sobroso acolle ata o mes de febreiro a exposición “Unha vez no ano” na que se poden apreciar traxes como os do Cigarrón de Verín ou os Volantes de Chantada. Os visitantes tamén poderán contemplar pezas como o Irrio de Castro Caldelas, os traxes de Madamas e Galáns de Cobres-Vilaboa ou os dos xenerais do Ulla, así como a vestimenta típica dos Ranchos de Reis de Guláns, Ponteareas. “Unha vez no ano” é un percorrido por algunhas das moitas tradicións que se viven por Galiza adiante en momentos concretos do ano. O visitante descubrirá ou, polo menos, lembrará algúns dos exemplos máis antigos dos nosos costumes, crenzas, festas e sentimentos. A exposición está aberta todos os días da semana.
Add comment 27/11/2007
O Club de Bádminton das Neves volta ao podium

Andrea Fernández e Brais Alves do CB As Neves gañan a primeira proba do Circuito Galego de categorías inferiores celebrada nas Neves.
O 24 de novembro de 2007 celebrouse no Pavillón Municipal das Neves a primeira proba do Circuíto Galego Sub-17 e Sub-15 organizado polo CB As Neves e a Federación Galega de Bádminton e coa colaboración do Concello das Neves, Forjados Hnos. Durán, Consellería de Cultura e Deporte, Deputación Provincial de Pontevedra, Cerámicas do Miño, Adegas Coto Redondo e Maquinaria Lano. (máis…)
Add comment 27/11/2007
Ponse en marcha por segundo ano consecutivo o Club de Lectura na Biblioteca de Ponteareas.
A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas puxo en marcha, por segundo ano consecutivo e pola boa acollida que tivo, unha nova oferta de Animación á Lectura dirixida neste caso a persoas adultas ou estudantes de bacharelato.O club de lectura reúnese unha vez ao mes e as persoas que aínda estean interesadas en participar non teñen máis que dirixirse as propias instalacións da Biblioteca ou simplemente chamar ó telf. 986660765 e apuntarse. (máis…)
Add comment 27/11/2007
A pintora Alba Carballo expón na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal de Ponteareas
O xoves 29 de novembro inaugurase unha exposición de pintura da artista Alba Carballo na sala de usos múltiples da Biblioteca –Museo Municipal, exposición que permanecerá exposta ata o 21 de decembro. (máis…)
Add comment 27/11/2007
A Escola de Familia de Ponteareas organiza a 1ª Xornada da Familia para nais, pais e educadores
A Concellería de Servizos Sociais de Ponteareas, o Proxecto Gamela e a Fundación Preescolar na Casa organizan a primeira xornada da Familia para nais, pais e educadores que terá lugar no Castelo do Sobroso o día 1 de decembro a partires das 10:00 horas. Esta xornada nace coa vocación de ensinar e educar, ademais de guiar, formar e previr. O Proxecto Gamela (Escola de Familia de Ponteareas) trata de facer encontros e debater sobre as formas de “Aprender a educar” a traverso de tertulias, coloquios, debates, consultas e foros que completan con enquisas, conversas e obradoiros. (máis…)
Add comment 27/11/2007
O concello de Ponteareas acorda pagar de xeito fraccionado á debeda municipal coa Seguridade Social
O Pleno da Corporación de Ponteareas aprobou onte en sesión extraordinaria o cadro de amortizacións co que executará o pago fraccionado da débeda municipal á Seguridade Social. O acordo, que contou cos votos a favor do Partido Popular, a Unión Condado Paradanta (UCPA) e o Partido Socialista, e a abstención do Bloque Nacionalista Galego, permitirá ao Concello facer fronte á débeda de 2,6 millóns de euros que Ponteareas mantén co Instituto Nacional da Seguridade Social, a través do pago fraccionado. Deste xeito, ao amortizar a débeda en dez anos, o Concello reduce a cantidade a pagar que adeuda ao INSS. (máis…)
Add comment 27/11/2007
O concello de Salvaterra organiza un obradoiro de psicomotricidade para adultos
O concello de Salvaterra, tendo en conta a cantidade de enfermidades que afectan ás persoas independentemente da idade que teñan, realizará un obradoiro de psicomotricidade adaptado a cada individuo. A traverso da terapia psicomotriz o que se pretende é axudar ás persoas a dominar e coñecer o seu propio corpo, ademáis de favorecer a relación e a comunicación dun mesmo e tamén cos demais obxectos e persoas no espazo no que se vive. O obxectivo deste taller,polo tanto, é reforzar por medio de exercizos variados as capacidades e habilidades que imos perdendo. (máis…)
Add comment 27/11/2007

