Archive for Novembro 28th, 2007

O BNG de Salvaterra acusa ao goberno de deixar sen subvencións ás asociacións

 gabriel_1_1.jpg

O Bloque Nacionalista Galego de Salvaterra advirte que o goberno municipal de Salvaterra deixará este ano 2007 sen subvencións a practicamente todas as asociacións do concello. O BNG asegura que nun pleno extraordinario e urxente celebrado o luns 26 de novembro o equipo de goberno propuxo que se utilizasen cartos que nun principio irían destinados a todas as asociacións de Salvaterra para financiar única e exclusivamente a dúas asociacións, cunha cantidade económica que ascende en total a 62.000 euros. (máis…)

Add comment 28/11/2007

A Deputación adxudica a obra de mellora do trazado Ponte do Val-Barciademera

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa xunta de goberno, a obra de mellora de trazado e pavimento da estrada Ponte do Val (Mondariz)-Barciademera (Covelo) á empresa Narom en 202.740 euros.
A obra nesta estrada complementa os traballos xa acometidos do tramo Barciademera-Covelo. Polo tramo hoxe adxudicado discurre unha etapa do rallie Rías Baixas e soporta un intenso tráfico así como o paso de autobuses e de transporte escolar.
A estrada tén na actualidade un ancho de catro metros que, coa actuación prevista, resultará sustancialmente mellorado e ancheado.

Add comment 28/11/2007

Un hosteleiro ponteareán durme ás portas do concello para reclamar que lle paguen os 5.960 euros que lle deben

isidoro-pino.jpg

O hosteleiro ponteareán, Isidoro Pino, leva dende onte ás oito da tarde sentado diante da porta do concello de Ponteareas para reclamarlles que lle paguen os case 6000 euros que lle debe dende fai máis de tres anos. Nin o frío nin a néboa poden con este hosteleiro, propietario do coñecido local de comidas Mc Dona, que non cesa no seu empeño de que o concello lle devolte os cartos que son gañados, segundo reza na pancarta, coa “suor do seu traballo”. (máis…)

Add comment 28/11/2007

Esquerda Unida solicita a Presidencia da Xunta que repoña a legalidade urbanística en Ponteareas

esquerda-unida.jpg

Esquerda Unida de Ponteareas solicita que dende a presidencia da Xunta de Galicia se adoiten medidas, en uso das súas competencias legais,  en orde a  repoñer a legalidade urbanística no concello de Ponteareas e depurar as responsabilidades legais que houbera en relación as obras que se están a executar nun edificio da rúa Reveriano Soutullo que non posue licencia municipal. (máis…)

Add comment 28/11/2007

A Casa-Museo Pazo da Cruz, en Covelo, expón un belén artesanal e convida a participar nas actividades programadas para o mes de Nadal

nacimiento.jpg

A Casa Museo Pazo da Cruz na Hermida-Covelo, ven de inaurgurar un nacemento composto por pezas artesáns. As figuras, que superan o centear, son de barro pintadas a man e teñen máis de medio século. Esta colección completa, dun nacemento dos anos 50, foi rescatada dun faiado e adquirida por Fernández Sendín, director da Casa Museo, fai máis de dez anos en Oviedo ao fillo dun afiador que procedía de Ourense e emigrou a Asturias. (máis…)

Add comment 28/11/2007

A Rectoral de Fofe prepara o ‘Inverno Gastronómico’

A rectoral de Fofe prepara o seu “inverno gastronómico” a base de paisaxe e gastronomía tradicional.Dende a rectoral de Fofe convidan a todo aquel que desexe descubrir un bonito paisaxe e gozar do entorno natural a visitar o val de Tielas, lugar onde se ubica esta casa de turismo rural. A xerencia da rectoral asegura que as posibilidades son infinitas e que o único requisito é ter a vontade de ver e sentir. (máis…)

Add comment 28/11/2007


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds