Archive for Novembro 29th, 2007
A Policía Local de Ponteareas precinta o edificio sen licencia da rúa Reveriano Soutullo
A Policía Local de Ponteareas precinta a obra do edificio da rúa Reveriano Soutullo que promove Castrodeza tra-las múltiples peticións e denuncias dos veciños no concello. Onte mesmo seguían a traballar os obreiros neste edificio que carece de licencia municipal e que comezou a construirse no ano 1971. (máis…)
Add comment 29/11/2007
O Castelo do Sobroso acolle este sábado as actividades da ‘Xornada da Familia’
Este vindeiro sábado, 1 de decembro, se desenvolverán no Castelo do Sobroso, as actividades das Primeiras Xornadas de Familia para nais e pais, educadores e educadoras, unha iniciativa que ten como obxectivo básico establecer un punto de encontro entre todos os axentes que participan na educación dos nenos e nenas como son a familia e os educadores. (máis…)
Add comment 29/11/2007
A agrupación socialista de Covelo seguirá ata o final no caso da suposta malversación de fondos por parte do alcalde e concelleiros do PP

O Alcalde de Covelo: José Costa Díaz; 5 Concelleiros do PP: Juán Pablo Castillo Amigo, Hermindo Castro Vales, Mª Eugenia Estévez Carracedo, Francisco Rocha Rodríguez e Jose Mª Vázquez López; 2 ex concelleiros de dito Partido: Nicanor Rodríguez Costa e Manuel Vicente Ramilo. A Secretaria-Interventora: Mª Jesús Rodríguez Freire. O ex xerente do GAL (Grupo Acción Local A Paradanta): Francisco Javier Alzola Rico e últimamente: O actual alcalde do PP da Cañiza e na súa condición de Presidente do GAL: César José Mera Rodríguez comparecerán ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid polas subvencións cobradas para as obras do cámping de Maceira. (máis…)
Add comment 29/11/2007
A Masa Crítica de Ponteareas convoca unha nova concentración de biciusuarios este último venres de mes
A Masa Crítica de Ponteareas convoca a todos os usuarios da bicicleta da Comarca do Condado a participar mañá venres 30 de Novembro, último venres de mes, nunha nova marcha en bicicleta pola Vila do Tea.
A Masa Crítica é unha concentración de usuarios da bicicleta que defenden a posibilidade de empregar a bici como medio de trasnporte nas distancias medias e curtas, algo que, xunto cunha mellora do transporte colectivo na Comarca, mellorando e racionalizando horarios, liñas e frecuencias, axude a resolver o problema da mobilidade no Condado e contribúa a reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.
A concentración consiste nun percorrido pola Vila de Ponteareas, empregando a bici como un elemento máis do tráfico, é dicir, sendo un elemento máis da circulación e respetando polo tanto as normas viarias.
A saída do percorrido, dunha media hora de duración, está prevista para as 20:00h dende a Praza da Igrexa de Ponteareas. Recoméndase o casco, o chaleco reflectante e/ou algunha luz na bicicleta.
Add comment 29/11/2007
A Deputación financia con 46.486 euros a actividade de conservatorios e escolas de música do Condado Paradanta
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou tres liñas de axudas por importe total de 352.177 euros que irán dirixidos a subvencionar a actividade de 43 escolas e conservatorios de música da provincia. Concretamente, 152.194 euros para conservatorios públicos non dependentes da Consellería de Educación; 149.989 para escolas de música públicas; e 49.994 euros para escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro. (máis…)
Add comment 29/11/2007
O concello de Salvaterra organiza un obradoiro de ecoloxía
O concello de Salvaterra promove un obradoiro de reciclaxe e manualidades. No ámbito ecolóxico, o obxectivo é ensinar aos máis novos a reempregar diversos materiais, mentres que a nivel económico aprenderán a fabricar obxectos con poucos cartos mediante a reciclaxe de productos do fogar como é o caso dos tubos de papel hixiénico e de papel de cociña, ou as bolsas plásticas ou as revistas. (máis…)
Add comment 29/11/2007
O concello das Neves pretende seguir co programa ‘Xantar sobre rodas’ no 2008

O concello das Neves quere que o programa “Comida a domicilio-Xantar sobre rodas” continúe durante o ano 2008 de xeito ininterrumpido. Para que a iniciativa se cumpra, o Partido Popular das Neves presentará unha moción no pleno de hoxe co obxectivo de aprobar o regulamento dos prezos deste servizo que ata o mes de decembro deste ano seguirá sendo de balde. (máis…)
1 comment 29/11/2007
Arturo Grandal asegura que sí houbo e haberá subvencións para as asociacións do concello de Salvaterra

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, quere desmentir as declaracións do BNG relativas á non concesión de axudas para as asociacións. Grandal asegura que no último pleno concedéronse subvencións para a Banda de Música de Salvaterra á que pertencen 90 mozos por valor de 30.000 euros e outra similar para as Escolas Deportivas na que practican deporte 120 mozos de distintas parroquias. (máis…)
Add comment 29/11/2007
O concello de Ponteareas salda a débeda que tiña cun hosteleiro ponteareán
O concello de Ponteareas salda a débeda que tiña co hosteleiro ponteareán, Isidoro Pino. Arredor das dúas da tarde este hosteleiro, que levaba dende as oito da tarde do martes sentado diante das portas do concello, levantou o seu campamento e marchou para casa tras pasar unha noite de frío e unha mañá de néboa. Deste xeito, o concello de Ponteareas ingresoulle os 5.960 euros que lle debía por distitos servizos de cátering.
Add comment 29/11/2007
O alcalde de Ponteareas clausurou o curso de formación ocupacional ‘Mulleres porque sí’
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla clausurou na tarde de onte, os cursos de formación ocupacional organizados polo Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, ao abeiro do programa “Mulleres porque sí”, e impartidos por Academia Postal. (máis…)
Add comment 29/11/2007

