Archive for Novembro 30th, 2007
A concellería de Servizos Sociais das Neves repartirá agasallos entre os usuarios de ‘Xantar sobre rodas’
O concello das Neves, a traverso da concellería de Servizos Sociais, coordinada por Mari Carmen Gil, realizará por segundo ano consecutivo, o reparto de agasallos de productos típicos do nadal, dentro do programa “comida a domicilio-Xantar sobre rodas”. Segundo explicou a concelleira Mari Carmen Gil, o reparto realizarase uns días antes de Noiteboa. O obxectivo desta iniciativa é facer que esas persoas que, actualmente, non teñen familia, se sintan amparadas nunhas datas do ano tan especiais como é o Nadal. O concello das Neves é pioneiro na comarca en por en marcha este programa iniciado en 2006.
Add comment 30/11/2007
O concello de Salvaterra proxecta o filme ‘Máis ca irmáns’
O concello de Salvaterra, a traverso da concellería de cultura, coordinada por Marta Valcárcel, proxectará mañá sábado, dentro do ciclo “Cinemas Dixitais” a película “Máis ca irmáns” de Ramón Costrafreda. Será na Casa de Cultura ás 21:00 horas. A entrada será de balde. Con esta iniciativa “Más ca irmáns” conta a historia real do coñecidos irmáns de Cambre, un home e unha muller que formaban parella sin saber que lles unían lazos familiares. A situación deste matrimonio supuxo un dos primeiros precedentes para o recoñecemento legal das parellas de feito debido á repercusión social e mediática que tivo o caso. Ao igual que nas anteriores proxeccións, esta película está recomendada a partir dos trece anos.
Add comment 30/11/2007
O BNG dí que PP e UCPA deixaron en ridículo ao concello de Ponteareas coa débeda de Isidoro Pino
O BNG de Ponteareas, a través da súa viceportavoz Sandra Arauxo considerou “lamentable e vergonzosa” a actuación do goberno do PP-UCPA e do Alcalde Salvador González Solla e da concelleira de Facenda Nava castro en relación coa débeda ao hosteleiro Isidoro Pino. Segundo a nacionalista “o acontecido deixa en evidencia que o concello está nunha situación económica tan grave que non é capaz nin sequera de atender pequenos pagos a pequenos empresarios, creándolles graves problemas e colocándoos en situacións límite e desesperadas como a que estivo vivindo nestas datas Isidoro Pino”. (máis…)
Add comment 30/11/2007
Decembro cultural no concello de Mondariz
O concello de Mondariz acollerá o día 8 e 9 de decembro o XX aniversario da agrupación folclórica Cear Castromao. O día 8 terá lugar o baile de confraternidade ao que todos os socios e amigos están convidados. A cita será o restaurante “Sevilla” de Mondariz. O día seguinte haberá un festival folclórico a partir das 17:30 horas no pavillón municipal. Actuarán o grupo Cear Castromao e antigos alumnos de Castromao.
Ademais a concellería de cultura programa para o día 16 unha representación teatral a cargo da compañía de teatro “A Casa da Bola” que representará “Entre dous Abismos” no auditorio do Centro Social ás 20:00 horas.Para o día 23 o grupo de Teatro Ningures representará a obra “Emigrados”, será no auditorio do Centro Social, e neste caso será as 18:00 horas.
Para rematar o ano o día 30 celebrarase unha homenaxe aos cesteiros, e haberá unha pequena festa gastronómica “Peros con viño tinto”.
Add comment 30/11/2007

