Archive for Decembro, 2007

A Deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, presentou en Ponteareas os orzamentos do estado para Galiza

olaiafernandez.jpg 

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, presentou os orzamentos do estado para Galiza.  Durante a rolda de prensa ofrecida hoxe no local do Bloque Nacionalista en Ponteareas Fernández asegurou que o os orzamentos do estado dispoñen para Galiza dunha partida de 2.040 millóns de euros, “un feito histórico fronte aos 532 millóns de euros do ano 2002 ou os 700 do 2003, así como os últimos 1513 millóns euros do ano 2006″. (máis…)

Add comment 21/12/2007

A Consellería de Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivenda asinan un convenio de colaboración para aplicar a renda básica de emancipación en Galiza

A Consellería de Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivienda asinaron un convenio de colaboración, tras unha reunión celebrada esta tarde en Madrid entre a conselleira, Teresa Táboas, e a ministra, Carme Chacón, para aplicar a Renda Básica de Emancipación en Galiza que entrará en vigor en xaneiro de 2008. (máis…)

Add comment 21/12/2007

O BNG de Ponteareas propón ao goberno PP-UCPA que colabore con Vicepresidencia para crear un local de ensaio

O BNG de Ponteareas proporá no vindeiro pleno ordinario do mércores 26 que o goberno municipal do PP-UCPA colabore con Vicepresidencia para dotar a Ponteareas dun local de ensaio, dentro da Rede Galega de Locais de Ensaio creada pola Xunta. (máis…)

1 comment 21/12/2007

A Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos e Lourido, en Salvaterra, organiza o Festival de Nadal

A Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido (Salvaterra), organiza o vindeiro sabado 22 de decembro o festival de nadal “As voces da nosa terra”. O festival tera lugar na igrexa parroquial de Fornelos da Ribeira as 20 horas; actuaran a Coral Polifónica Santa María de Salceda (patrocinada pola Deputación de Pontevedra) e María Xosé Lopez. (máis…)

Add comment 21/12/2007

‘Xornadas sobre os valores de conservación naturais da conca alta do río Tea’ na reitoral de Santa Mariña, en Covelo

pasos-de-lourido.jpg

“Xornadas sobre os valores de conservación naturais da conca alta do río Tea (Rede Natura)”
Os vindeiros días venres 21 e sábado 22,  a Axencia Local de Sostibilidade do Concello de Covelo organiza as “Xornadas sobre os valores de conservación naturais da conca alta do río Tea (Rede Natura)”. (máis…)

Add comment 20/12/2007

A Escola de Música de Mondariz celebra o Festival de Nadal

A Escola de Música de Mondariz celebra hoxe xoves día 20 de decembro ás 20:30 horas o Festival de Nadal no que actuarán o coro da Escola de Adultos e todos os grupos da escola. Ao rematar haberá unha chocolatada. O acto será no auditorio do Centro Social.

Add comment 20/12/2007

Ponte… nas Ondas! convoca o II certame de ‘Recolla da Tradición Oral’

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte,  a Delegaçao Regional de Cultura do Norte de Portugal (DRCN) e a Direcçao Regional do Norte (DERN) convocan o II Certame de Recolla de Mostras da Tradición Oral. (máis…)

Add comment 20/12/2007

Escolas de Patinaxe de todo o Condado-Paradanta participarán no Festival de Nadal organizado polo Clube Luar no pavillón de Ponteareas

O domingo día 23 de decembro ás 18:30 horas celébrase o Festival de Nadal no pavillón municipal coa 1ª Xuntanza das Escolas de Patinaxe do Clube Luar. Participarán a Escola de Patinaxe de Ponteareas, a Escola de Patinaxe de Mondariz, a Escola de Patinaxe das Neves, a de Arbo e o Clube Luar de Patinaxe Artística. Este último será o encargado de organizar a xuntanza na que colaboran as A.N.P.A.S dos colexios Inmaculada, Mondariz, Arbo e As neves, ademais do concello de Ponteareas e o propio Clube Luar P.A.

Add comment 20/12/2007

A Escola de Música Municipal das Neves actúa hoxe no auditorio municipal Vázquez Portomeñe

O concello das Neves continúa esta semana a programación do “Nadal Cultural 2007-2008″ coa realización do segundo obradoiro dirixido aos máis cativos nun horario que vai dende ás 17:30 horas ata as 19:00 horas. (máis…)

Add comment 20/12/2007

O músico ponteareán José Luis Represas presenta un novo espectáculo no Teatro Principal de Pontevedra

jose-luis-represas.jpg

O músico ponteareán José Luis Represas dirixirá o día 4 de xaneiro en Pontevedra un espectáculo entorno a música portuguesa, tan preto e tan descoñecida no mundo bandístico galego. As bandas de música son un referente cultural en Galicia de primeiro orden, aglutina unha considerable masa de xente nova e menos nova, cada vez mellor formados e con máis ilusión. (máis…)

Add comment 20/12/2007

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds