Novo Vídeo Clip de Ponte nas Ondas

Diciembre 14, 2007

Despois de facerense públicos os apoios do Congreso dos Deputados de España e do Parlamento de Galicia á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, Ponte…nas ondas! lanza un novo videoclip promocional da NOVA OPORTUNIDADE para o patrimonio inmaterial galego-portugués.   
                                      http://www.youtube.com/watch?v=pugpvYuz3pg

                                      http://www.youtube.com/watch?v=xVvI-Y8zIas

Trátase dun videoclip que reflicte ben ás claras a forza na que se sustenta esta Candidatura  e que identifica a súa orixe:  a comunidade educativa dos dous lados da fronteira que desde hai máis de13 años veñen participando na experiencia de comunicación de Ponte…nas ondas!.
O videoclip centráse nas imaxes do acto sobre as pontes do Miño que o pasado 27 de novembro protagonizaron máis de 2000 mozos e mozas das dúas beiras  para demandar UNHA NOVA OPORTUNIDADE para o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Desde Ponte…nas ondas! entendemos que estamos ás portas do definitivo proceso de recoñecemento deste patrimonio cultural, procedemento que agora deberán realizar os resepctivos gobernos de Portugal e España.
Os apoios recibidos do Congreso dos Deputados de España  esta mesma semana e o do Parlamento de Galicia, realizado pola Presidenta do Parlamento de Galicia nun acto celebrado en Tui, veñen a sumarse ás voces dos máis novos que no videoclip piden coa letra de Máis Perto de Meniños Cantores que Galiza e Portugal se acheguen máis.
Este videoclip pode ser visionado en You Tube coa denomincación de “PONTE…NAS PONTES” e está titulado en galego, portugués e inglés.

Pódense ver xa dúas  versións neste mesmo enderezo:

PORTUGUÈS:  http://www.youtube.com/watch?v=xVvI-Y8zIas

GALEGO: http://www.youtube.com/watch?v=pugpvYuz3pg

O videoclip foi gravado e producido por Casa de Tolos de Gondomar.
 
 

Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds