O concello das Neves e a Diócese de Tui-Vigo organizan conxuntamente unha homenaxe ao beato Manuel Gómez González
Diciembre 14, 2007
O concello das Neves e a Diócese de Tui-Vigo realizarán o vindeiro domingo día 16 de decembro unha xornada conxunta para homenaxear ao pai nevense, Manuel Gómez González, recentemente beatificado en Brasil. Neste senso, os actos comezarán cunha misa de acción de grazas pola beatificación ás 16.30 horas no Santuario de Santa Marta de Ribarteme, na parroquia de San Xosé de Ribarteme, onde naceu o pai Manuel Gómez.
A misa será presidida polo bispo José Dieguez Reboredo e contará, ademais coa presenza do bispo emérito José Cerviño Cerviño e de preto de 50 seminaristas dos Seminarios Maior de Vigo e Menor de Tui.
Tras a cerimonia relixiosa, ás 18.00 horas, haberá un acto presidido polo alcalde nevense, Raúl Emilio Castro, no auditorio municipal Vázquez Portomeñe. Actuará a coral Santa María (As Neves) e haberá a proxeción dun vídeo de testemuña e martirio do beato Manuel, ademais de diapositivas sobre a cerimonia de beatificación celebrada a finais de outubro deste ano en Brasil.
Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed