Programa de Nadal da Cañiza
Diciembre 14, 2007
ACTIVIDADES NADAL 2007
SÁBADO 22 DE DECEMBRO
CONCERTO DE NADAL: Ás 20:30 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Concerto de Nadal da Coral Polifónica da Cañiza, acompañada por : Coral Polifónica de Covelo e Coral Mª Madre del Buen Pastor de Vigo.
DOMINGO 23 DE DECEMBRO: FESTA DE PAPÁ NÖEL. Ás 16:00 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Felicitación de Nadal a cargo dos nenos da catequese con panxoliñas e a representación teatral da Historia Sagrada. Continuamos tamén no Auditorio co Espectáculo infantil “troula animación” Espectáculo infantil con pallasos, zancudos,malabaristas, magos, contacontos e números cómicos con bailes, xogos e participación dos nenos. A continuación terá lugar a visita de Papá Noel que entregará un agasallo a cada neno. Seguimos cunha merenda na 1ª Planta da Casa de Cultura para todos os nenos.Rematamos a xornada co baile infantil e un taller de Nadal.
MÉRCORES 26 DE DECEMBRO: PELÍCULA INFANTIL. Ás 17:00 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Proxección da película de animación Happy feet (Rompiendo el hielo)
XOVES 27 DE DECEMBRO: PELÍCULA INFANTIL. Ás 17:00 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Proxección da película de animación Erase una vez un cuento al revés
VENRES 28 DE DECEMBRO: PELÍCULA INFANTIL. Ás 17:00 h. No Auditorio da Casa de Cultura, Proxección da película de animación Locos por el surf
SÁBADO 5 DE XANEIRO DE 2007: CABALGATA DE REIS. Ás 17:00 h. No Auditorio da Casa de Cultura,
-Actuación de animación infantil co espectáculo de clown malabarista: “Kote”, á espera dos Reis Magos para acompañalos despois na Cabalgata polas rúas da vila e rematar coa recepción por parte das súas maxestades de Oriente, a todos os nenos, de novo no Auditorio da Casa de Cultura.
Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed