Archive for Xaneiro, 2008
O concello das Neves presenta mañá en FITUR os seus productos
O concello das Neves estará presente, por segundo ano consecutivo, en FITUR. A maior feira de turismo de España dará comezo mañá en Madrid. A presentación oficial do concello será o 31 de xaneiro. (máis…)
Add comment 30/01/2008
Salvaterra súmase ás conmemoracións do ‘Día Internacional da Paz e a non Violencia’
O concello de Salvaterra, a través da concellería de Cultura coordinada por Marta Valcárcel, sumarase ás conmemoracións do ‘Día Internacional da Paz e a non Violencia’, que se celebra mañá, 30 de xaneiro. (máis…)
Add comment 30/01/2008
Os deputados do BNG preguntan no Parlamento pola situación da empresa Marvar
Fernando Blanco Parga e Xosé Ramón Paz Antón, deputados do BNG, veñen de presentar unha pregunta no Parlamento Galego interesándose polas consecuencias que a fuga do propietario do Grupo de Empresas Marbar poida ter para os traballadores destas empresas e para a economía do Baixo Miño, en xeral. (máis…)
Add comment 29/01/2008
Graciela Deza, contacontos arxentina, visita o xoves a biblioteca de Ponteareas

Este xoves, 31 de xaneiro, terá lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas, servizo que depende da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro, unha sesión de contacontos para nenos a cargo da narradora Graciela Deza. (máis…)
Add comment 29/01/2008
Antón Louro presenta en Ponteareas a Luís Piña como o candiddato da comarca
O PsdeG presentou en Ponteareas a Luís Piña como “o candidato que defenderá os intereses da comarca en Madrid”. (máis…)
Add comment 29/01/2008
O BNG pide nos concellos o apoio para os usuarios afectados pola supresión da tarifa nocturna
O BNG do Condado ven de presentar en todos os concellos da comarca unha iniciativa para o seu debate nos plenos na que solicitan que se inste á Xunta de Galiza para que “demande do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio o mantemento dunha tarifa con características semellantes á nocturna e a gratuidade do cambio de limitadores, así como a creación de liñas de subvención para os custes de adaptación dos equipamentos das vivendas de usuarios de Tarifa Nocturna”. (máis…)
Add comment 29/01/2008
A nova Área de Comercio da Deputación organizará un foro provincial para definir co sector accións e iniciativas futuras
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a Area de Comercio da institución provincial con un orzamento de 200.000 euros. O novo servizo desenvolverá actividades centradas na visión, formación e dinamización do sector que é o segundo que máis emprego xenera na provincia, despois do da construcción. (máis…)
Add comment 29/01/2008
O BNG de Mondariz propón a creación dun Museo da Auga
O Grupo Municipal do BNG vén de presentar as súas propostas ao Avance do PXOM, que onte luns rematou o seu proceso de exposición pública. (máis…)
Add comment 29/01/2008
O BNG de Ponteareas dí que a integración da UCPA no PP é ‘lóxica e natural e remata con nove anos de engano’
O BNG de Ponteareas, a través do seu concelleiro e membro da Executiva Nacional do BNG, Roberto Mera, considerou “natural e lóxica a integración da UCPA no PP, algo que todos sabiamos que tarde ou cedo tiña que acontecer”. (máis…)
Add comment 29/01/2008
Comercios de Ponteareas e Salvaterra gañan o Concurso de Escaparates da Cámara de Comercio

As tendas de decoración Chester e MSMDCora (na Ramallosa e Salvaterra), a floristería La Primavera (en Ponteareas) e o establecemento de agasallos Mirasol Actual en Vigo foron galardoados pola Cámarade Comercio de Vigo cos premios do Concurso de escaparates de Nadal, convocado o mes pasado de decembro. (máis…)
Add comment 29/01/2008

