Archive for Febreiro, 2008

A Comunidade de Montes de Santiago de Covelo prepara a ruta de sendeirismo da Pedra do Lobo

sendeirismo-en-covelo1.jpg

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santiago de Covelo prepara unha nova ruta de sendeirismo no monte comunal. A ruta de sendeirismo (Ruta da Pedra do Lobo) enmárcase dentro dun proxecto de recuperación e valorización do patrimonio natural e cultural da comunidade de montes, financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). O orzamento ascende a 85.545,20 € e a financiación de AGADER cubre o 65% (55.604,38 €). (máis…)

Add comment 29/02/2008

O delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla, visita as obras de mellora da levada de Garavite, en Fozara, Ponteareas

medio-rural.jpg 

O delegado de Medio Rural na provincia de Pontevedra, Gonzalo Constenla, visitou as obras de recuperación da levada de Garavite, en Fozara, acompañado dos técnicos da obra e os concelleiros do BNG de Pontevedra. Esta obra inclúese dentro do Programa Estratéxico de Infraestructuras de Medio Rural e ten un orzamento de 59.970 euros. A obra foi adxudicada á constructora Obras e Estructuras Loaga S.L. Pola tarde o delegado de Medio Rural visitará o concello de Covelo acompañado do portavoz nacionalista, Xosé Manuel Sendín.

Add comment 29/02/2008

O PP leva ao pleno da Deputación un padrón de parques eólicos e minicentrais

O Grupo do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta ó Pleno da Corporación esta moción relativa á valoración e inclusión no Padrón correspondente dos parques eólicos e das minicentrais como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES). (máis…)

Add comment 29/02/2008

Case 70 agrupacións do Condado-Paradanta participan no Plan Cultural da Deputación no que se investíu unha achega de 400.000 euros

Un total de 67 agrupacións culturais e artistas do Condado e A Paradanta se acolleron ó Plan Cultural 2008 da Deputación Provincial de Pontevedra. Destas 67 beneficiarias, 20 pertencen a Salceda de Caselas, 20 a Ponteareas, 15 a Salvaterra de Miño, 6 a Mondariz, 3 a As Neves, 1 a Mondariz-Balneario, 1 a Crecente e 1 a Arbo. (máis…)

Add comment 29/02/2008

O PSOE de Ponteareas critica a ausencia de Nava Castro na concentración convocada contra a violencia de xénero

A responsable de igualdade do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Eva Carpente, critica a ausencia da concelleira da Muller e de Servizos Sociais, Nava Castro, na concentración convocada onte xoves ás 12 da mañá para mostrar o rexeitamento da sociedade de Ponteareas á violencia contra as mulleres. (máis…)

Add comment 29/02/2008

Remata o asfaltado da estrada que une a N-120 coa estrada a Ribadetea

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Alberto Novoa, remata estes días os traballos de asfaltado da carretera que une a Nacional 120 coa estrada a Ribadetea, emprazada no barrio de La Lomba, na parroquia de Areas. (máis…)

Add comment 29/02/2008

Centos de veciños apoiaron á candidata nacionalista ao Congreso, Olaia Fernández, no mitin de Ponteareas

mitin-bng-auditorio.jpg

O Bloque Nacionalista Galego contou coa intervención da responsable local de Galiza Nova, Yanara Porto, o concelleiro e membro da Executiva Nacional, Roberto Mera, a Conselleira de Cultura na Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo e a Candidata ao Congreso, Olaia Fernández Davila, no mitin celebrado o mércores no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas. (máis…)

Add comment 29/02/2008

O concello de Ponteareas ultima o asfaltado en varias pistas de Arnoso

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Alberto Novoa, está rematando os traballos de asfaltado, regulación do firme e limpeza de varias pistas da parroquia de Arnoso. En concreto, Vías e Obras está actuando sobre a pista de Souto de Presa, así como o contorno da Casa Cultural desta parroquia ponteareana. Os traballos, que están a piques de rematar, execútanse con maquinaria do Concello e da Diputación de Pontevedra. (máis…)

Add comment 29/02/2008

A Asemblea do Suído denuncia varias agresións ao patrimonio nunha obra do concello de Covelo

cruz.jpg

A Asemblea do Suído acusa ao concello de destruir unha cruz de pedra e extraer de xeito ilegal terra do Castro de Covelo, no transcurso das obras de acondicionamento e asfaltado da estrada do barrio de Carballeda. (máis…)

Add comment 28/02/2008

A Asociación de Comerciantes de Ponteareas entrega os premios do concurso de debuxos de nadal

entrega-premios-asociacion.jpg

A Asociación de Comerciantes de Ponteareas entrega as bicicletas aos cativos premiados no concurso de debuxos de nadal .

Add comment 28/02/2008

Previous Posts


Categorías

Ligazóns

Publicidade_

RSS A PENEIRA Dixital

Feeds