A Deputación presentará 17 proxectos ás Axudas Feder, dos que se beneficiarán todos os concellos da comarca
Febrero 7, 2008
A Deputación de Pontevedra presentará 17 proxectos ás Axudas Feder, valorados en 126.697.825 euros. En todos eles participan 55 concellos da provincia. Entre os proxectos presentados está o acondicionamento medioambiental e recuperación de marxes do río Tea. O seu orzamento é de 4.850.000 euros para unha senda fluvial de 35 kilómetros no río Tea nos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario e Covelo. Leva un paseo mixto de madeira e terra, de 3 metros de ancho, con carril-bici, áreas de descanso cada 5 kilómetros, alumeado público, bancos cada 500 metros e outras dotacións ó longo do percorrido.
Ademais, a Deputación presentou tamén a creación da senda fluvial no río Miño entre os concellos de Crecente e Salvaterra. Con un presuposto de 15.299.000 euros contempla a creación dunha senda fluvial no Miño que atravesa os concellos de Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente. A senda tén unha lonxitude de 35 kilómetros, similar á prevista no río Tea.
Entre os proxectos presentados están tamén os seguintes:
-Herdanza. Patrimonio e Identidade: tén un orzamento de 5.303.000 euros e consiste na limpeza dos conxuntos megalíticos de Chan de Arquiña, Chan de Armada e Mámoas do Rei, entre Moaña e Vilaboa; as mámoas do Alto do Castrove, en Meis; de Chan dos Bidueiros e Alto de Fontefría, na Cañiza; Mamuelas e Coto Comellal, en Agolada; Petouto dos Mouros e Pena de Francia, en Rodeiro. Implica tamén a excavación e musealización do xacemento galaico-romano de A Lanzada, en Sanxenxo; limpeza e sinalización do castro de Santa Trega, en A Guarda; actuacións na vila romana de Adro Vello, no Grove, na Torre de San Sadurniño, en Cambados, nas Torres do Oeste, en Catoira, e en Baiona. O proxecto supón tamén actuacións en grabados rupestres, fortalezas, castelos e mosteiros, accesibilidade e sensibilización social e cultural.
-Móvete. Turismo para tod@s. Tén unha cuantía de 4.970.000 euros. Trátase dun programa de accesibilidade polo que as empresas e establecementos que a faciliten recibirán axudas económicas.
-Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e instalacións institucionais na provincia de Pontevedra. Tén un presuposto de 5.822.000 euros e inclúe un sistema de información xeográfica para plans de accesibilidade.
-Creación de zonas enterradas para contenedores nos núcleos urbáns da provincia. O seu orzamento é de 9.504.000 euros e suporá o desenvolvemento de instalación de contenedores soterrados en zonas de importancia cultural, paisaxística ou turística.
-Sustitución do alumeado público por outro con dispositivos para o aforro e a eficiencia enerxética. A cuantía do proxecto é de 8.358.000 euros e prevé a iluminación eficiente en zonas de especial interés turístico
-Rexeneración da zona de desmontes en Baredo-Baiona no último tramo do acceso á autopista do Val Miñor, con habilitación dun vertedoiro de inertes. Tén un presuposto de 25.532.000 euros e prevé desenvolver un falso túnel de 800 metros, soterramento do falso túnel, recuperación da capa vexetal e creación dunha Oficiña Provincial de Xestión de Residuos Inertes
-Modelo de planificación integral para a creación de valor sostible na provincia de Pontevedra. O orzamento é de 4.000.000 euros. Recolle a creación dun Observatorio para a creación do valor sostible na provincia, formación de coordinadores, programa de educación ambiental, elaboración dun modelo de planificación estratéxica e a súa posta en marcha así como o asesoramento a tódolos sectores afectados ou interesados.
-AL 21 Pontevedra Sostible. Agenda Local 21 Pontevedra. Unha cuantía de 4.137.000 euros para redactar un Catálogo Medioambiental dos concellos, os Plans Municipais de Protección Ambiental, o estudio de uso e posta en valor do solo non urbanizable, análise do proceso de producción, xestión de residuos, tipoloxía e clasificación nos concellos, análise da eficiencia enerxética das instalacións municipais e do aforro e xestión da auga, e un programa de rehabilitación de edificios singulares e do Patrimonio, entre outros aspectos.
-CRD Vontade. Centro de recursos para personas con discapacidade. Un orzamento de 3.370.956 euros para poñer en marcha un centro de recursos para os discapacitados para personas da Comarca de Baixo Miño e área limítrofe.
-Creación do producto turístico Pousadas xardín do Salnés. Unha cuantía de 10.858.474 euros para a construcción de catro establecementos con 23 habitacións dobles accesibles asociadas a un xardín-horta, de xeito que se teñan, en zonas próximas á costa, as características ofrecidas polos establecementos de turismo rural.
-Posta en valor da conca do río Arnego. 3.029.000 euros para un estudio, programa de recuperación do medio natural e cultural e creación de Vías Verdes en Agolada, Vila de Cruces, Lalín e Rodeiro
-Recuperación e revalorización do río Deza e do seu afluente Asneiro. Un presuposto de 5.678.000 euros similar ó anterior con actuacións no sendeiro de A Carixa, Rego dos Cabalos, sendeiro do Toxa e do Deza, praia fluvial de Sanguiñedo e Vilatuxe, área recreativa de Taboada e creación da praia fluvial do Areado.
-Plan de recuperación e revalorización do río Umia. Unha cuantía de 3.918.182 euros para recuperar o medio (vertedoiro de Godos, limpeza do leito e marxes do Umia, plantación da restauración do Umia) o patrimonio (restauración de muiños e ponte romana de Segade, Ponte Briones e O Penedo e Ponte Nieto) e o programa Vias Verdes (paseo do Segade en Caldas, ruta do regato de Petelo, do río Gallo, etc.) e equipamentos de parques e zonas deportivas en A Tafona, A Corticeira, praia fluvial en Ponte Albariñas, borde fluvial do río Chaín, mellora do conxunto de As Laxes, área de recreo en Pontenova e praia fluvial en Ponte Taboada.
-Wimax rural na provincia de Pontevedra. Un proxecto de 8.712.007 euros para dar cobertura Wimax/Wifi nas zonas rurais onde non hai rede ADSL para conexión a Internet.
Entry Filed under: Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed