Case 70 agrupacións do Condado-Paradanta participan no Plan Cultural da Deputación no que se investíu unha achega de 400.000 euros
Febrero 29, 2008
Un total de 67 agrupacións culturais e artistas do Condado e A Paradanta se acolleron ó Plan Cultural 2008 da Deputación Provincial de Pontevedra. Destas 67 beneficiarias, 20 pertencen a Salceda de Caselas, 20 a Ponteareas, 15 a Salvaterra de Miño, 6 a Mondariz, 3 a As Neves, 1 a Mondariz-Balneario, 1 a Crecente e 1 a Arbo.
Mediante este Plan a institución provincial investirá unha achega de 400.000 euros na retribución das distintas agrupacións, entidades e asociacións culturais, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas. Do orzamento total de 550.000 euros, Caixanova aporta os 150.000 restantes.
En total, acolléronse a estas axudas 800 grupos da provincia. Entre estes, atópanse bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, de teatro, de playback, de música tradicional e clásica, humoristas e magos. A cifra total de grupos acollidos incrementouse en 31 con respecto ó ano anterior.
O prezo de cada actuación retribúese do seguinte xeito: Dentro da categoría de Bandas de música, as do grupo A perciben 600 euros, as do grupo B, 500, e as do grupo C, 450. As masas corais, dividas en dous grupos, perciben 270 e 240 euros respectivamente. Os grupos folclóricos, dependendo desta clasificación, reciben 270, 210 e 170 euros. Os de música tradicional, do seguinte xeito: Bandas de gaitas, 240. Grupos de gaitas, 170. Roldas, 240. Folk, 270. As agrupacións de música clásica, 240 as do grupo A e 210 as do grupo B, percibindo as orquestras unha retribución de 340 euros. Os grupos de teatro do grupo A, 500 euros, por 375 do grupo B e 300 dos de maxia. Por último, no apartado de grupos varios, os de ballet e danza perciben 240 euros, mentres que a humoristas e outros correspóndenlles cadanseus 210 euros por actuación.
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levouna a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias, que avaliaron os expedientes a efectos de clasificación.
O Plan Cultural constitúe a liña de colaboración máis importante que a Deputación de Pontevedra ofrece cada ano co obxectivo de impulsar e fomentar a cultura popular nas súas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración con concellos, agrupacións e asociacións.
A cultura tradicional, como conxunto de manifestacións, coñecementos, actividades e crenzas pasadas e presentes da memoria colectiva son, daquela, o punto de referencia do Plan Cultural, que ten como obxectivo perseverar e transmitirlles ás novas xeracións o acervo popular que nos distingue e, ó mesmo tempo, unha firme vontade de proxectar a nosa identidade cara ó futuro.
Entry Filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed