Preto de 5000 mulleres beneficiáronse dos cursos da Deputación

Marzo 4, 2008

Preto de 5.000 mulleres integradas en 237 asociacións participarán nos cursos organizados no marco do proxecto “Pensa en Ti”, promovido pola Deputación. Esta iniciativa, que este ano celebrará por terceiro ano consecutivo o organismo provincial, ten o obxectivo de potenciar os movementos de participación e cooperación social e, en concreto, concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, posibilitar o seu acceso a distintas áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal e, en xeral, fomentar e mellorar a situación das mulleres.
“Pensa en Ti” foi presentado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, así como pola vicepresidenta e deputada de Acción Social, Teresa Pedrosa. Segundo informaron ofertaranse 103 cursos que se agrupan en cinco áreas como son arte, manualidades e bricolaxe; cultura tradicional, desenvolvemento persoal e saúde, igualdade de oportunidades; e área de xestión.
Así, no marco destas cinco áreas desenvolveranse cursos de recepcionista de hotel, auxiliar de axuda a domicilio, panadería e repostería, camareira de pisos ou limpeza profesional. Tamén de arte floral e flores secas, bailes de salón, tai chi, masaxe terapéutico, patchwork, pilates, entre outros. As actividades son totalmente gratuíto para as asociacións e teñen unha  duración máxima de 30 horas. Para a posta en marcha deste programa a institución aprobou un orzamento de 270.000 euros.

Condena da violencia de xénero
Ó inicio do acto Rafael Louzán recordou ás vítimas da violencia de xénero, e condenou o asasinato das catro mulleres que fai dous días perderon a vida en mans das súas parellas. No seu recordo tivo lugar un minuto de silencio.
O titular do organismo destacou a importancia da implicación das institucións para acabar dunha vez con este tipo de actos e  afirmou que, “aínda que todos os esforzos son poucos”, a Deputación é consciente desta realidade social polo que mantén unha casa de acollida en Vigo e dous pisos tutelados en Vigo e Pontevedra para as mulleres maltratadas. Ademais, financia un servizo de teleasistencia móbil e, entre outras accións, instituíu o Premio Carmen Ferro a través do cal se pretenden fomentar os plans de igualdade dos concellos da provincia.
COMARCAS DO CONDADO E PARADANTA

As asociacións e os cursos son os seguintes:

ASOC. MM. RR. ARBENSES Arbo-RESTAURACIÓN DE MOBLES
ASOC. MM. RR. FRAGAS DO TEA, O Covelo-CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS E CONSERVAS ARTESANAIS
ASOC. MM. RR. SAN PEDRO de Crecente-PROBLEMAS DE SAÚDE NA MULLER
ASOC. BÚRBIDA Mondariz Balneario-PILATES
ASOC. MM. RR. CHAN DOS CASTELIÑOS das Neves-PATRONAXE INDUSTRIAL. CORTE E CONFECCIÓN
ASOC. SANTIAGO DE OLIVEIRA de Ponteareas- RESTAURACIÓN DE MOBLES
ASOC. MM. RR. DO TEA Ponteareas-ENCAIXE DE BOLILLOS
ASOC. VIÚDAS Mª AGUSTINA SARMIENTO de Ponteareas-CONFECCIÓN DE BISUTERÍA CON ABALORIOS E OUTROS ELEMENTOS
ASOC. O PUNTO DA PALILLEIRA de Ponteareas-ENCAIXE DE BOLILLOS
ASOC. SAN GREGORIO DE GUILLADE Ponteareas-INFORMÁTICA
ASOC. MM. RR. CASELAS de Salceda de Caselas-REPUXADO EN COIRO
ASOC. TEMPO GAÑADO de Salvaterra de Miño-ARTE FLORAL E FLORES SECAS

Entry Filed under: Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds