A Cámara de Comercio de Mondariz Balneario analiza en Ponteareas a reforma do Plan Contable

Marzo 26, 2008

Dende o 1 de xaneiro está en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade, que substitúe ao do ano 1990. O troco que supón é considerable, xa que trata de buscar a converxencia da normativa contable española coas Normas Internacionais de Contabilidade. Este plan afecta a moitos aspectos do día a día na empresa, tanto na fiscalidade como na análise de balances. Dende esta óptica, a oficina da Cámara en Mondariz-Balneario organizou un seminario para o vindeiro 2 de abril en Ponteareas sobre a actualización que supón a reforma contable na empresa.
Ata o momento, case 600 empresas participaron neste programa durante as xornadas celebradas en Vigo, o que dá unha idea do interese que os departamentos de contabilidade das Pemes puxeron en actualizar os seus coñecementos. O programa do seminario, de catro horas de duración, inclúe unha análise da reforma, o seu alcance, os principais cambios e as medidas de transición. Os relatores tamén tratarán as diferencias destacables coas Normas Internacionais de Contabilidade Financeira (NIIF), os aspectos e implicacións mercantís e as medidas de adaptación ao marco fiscal actual. A xornada desenvolverase no Local da Asociación de Empresarios do Condado (Ponteareas) de 16:30 a 20:30 horas e é gratuíta previa inscrición no 986 65 66 20.

Protección de datos

Outra novidade normativa, neste caso sobre a Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), está detrás do segundo dos seminarios que organiza en abril a antena de Mondariz-Balneario. A entrada en vigor, esta primavera, do regulamento que desenvolverá a lei e que achega seguridade xurídica e claridade, tratarase nunha xornada de dúas horas de duración o vindeiro 17 de abril, de 18:00 a 20:00 h. no Local da Asociación de Empresarios do Condado (Ponteareas).

A Antena da Cámara é unha oficina deseñada para achegar ás empresas de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas os servizos da Cámara de Comercio de Vigo. Financiada con fondos europeus, do concello de Mondariz-Balneario e da propia Cámara, presta asesoramento sobre comercio interior, comercio exterior, creación de empresas, emprego e axudas e subvencións.

Entry Filed under: Mondariz Balneario, Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds