A ANPA do Val do Tea trae ao director e contacontos, Cándido Pazó, ao auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas

Marzo 28, 2008

candidopazo.jpg

A ANPA do Val do Tea de Ponteareas ven de organizar unha actuación do coñecido contacontos, Cándido Pazó, que actuará no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas o vindeiro venres día de abril ás 21:30 horas. Deste xeito todos os adultos que queiran desfrutar do humor, intriga, misterio e ironía das historias de Cándido Pazó poderán facelo no auditorio o vindeiro venres.

Cándido Pazo comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005).

Entry Filed under: Ponteareas. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publi

Publicd

Feeds