Archive for Abril, 2008
A parroquia covelense de San Salvador de Prado celebra a romería da Virxe da Xestosa este domingo día 4
Este domingo día 4 de maio celebrarase a tradicional e multitudinaria romeraía da Virxe da Xestosa, esta romería está considerada como un dos actos relixiosos máis importantes no concello de Covelo e zona do Riveiro. (máis…)
Add comment 30/04/2008
A Asociación Cultural O Braseiro de Leirado, Salvaterra, organiza a Festa do Chourizo
A Asociación Cultural O Braseiro de Leirado, Salvaterra, celebrará o vindeiro 11 de maio, en colaboración co concello de Salvaterra, a quinta edición da Festa do Chourizo, que como cada ano coincide co domingo anterior ao do Día das Letras Galegas. A festa desenvolverase no recinto da Queimadiña da parroquia de Leirado, en Salvaterra. (máis…)
Add comment 30/04/2008
As obras na estrada entre Filgueira e o límite provincial con Ourense obrigan a pechar o tráfico dende o luns
As obras de mellora e acondicionamento da estrada entre Filgueira e o límite da provincia de Ourense (PO-801) esixiron o peche desta estrada desde as 00.00 horas do pasado luns, 28 de abril, por un período aproximado de seis meses. (máis…)
Add comment 30/04/2008
A Consellería de Vivenda e Solo licita por 26,9 millóns a execución das obras das infraestructuras xerais da plataforma loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN)
A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, licita por 26,9 millóns de euros a execución das obras das infraestruturas xerais da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN). O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de hoxe, a proposta do Departamento autonómico, a execución destas obras, que serán financiadas entre os tres propietarios do ámbito: a Autoridade Portuaria de Vigo que aporta 16.296.020 €, o Consorcio da Zona Franca de Vigo que aporta 5.682.625 €, e a Consellería de Vivenda e Solo que aporta 4.921.355 €. (máis…)
Add comment 30/04/2008
Oito xogadores do Club de Bádminton As Neves participan este fin de semana no Circuito Nacional sub-17 e sub-15 de Valladolid
O 3 e 4 de maio celébrase en Valladolid a 12ª proba do Circuito Nacional de Bádminton Sub-17 e Sub-15 con participación galega. O Club Bádminton As Neves único equipo galego participante despraza a Valladolid a un total 8 xogadores. (máis…)
Add comment 30/04/2008
Medio cento de persoas participan no primeiro roteiro guiado de Debrúzate que visitou os montes de Ribadetea, Xinzo e Mos

A organización do programa de roteiros guiados Debrúzate quere amosar a súa satisfacción logo da celebración da primeira actividade, a visita guiada aos montes de Ribadetea, Xinzo e Mos. (máis…)
Add comment 30/04/2008
A compañía galega ‘Teatro de Ningures’ porá fin á programación teatral en Ponteareas
A compañía galega Teatro de Ningures será a encargada de por fin á programación teatral, que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas no primeiro semestre de 2008, coa posta en escena da obra “Misericordia”. (máis…)
Add comment 30/04/2008
O concello de Ponteareas publica as bases e modelo de inscrición para participar no concurso de gaitas que terá lugar os días 20 e 21 de setembro
O Concello de Ponteareas celebrará o vindeiro mes de setembro a trixésimo novena edición do Concurso de Gaitas, no que poderán participar tódolos grupos de gaitas de Galicia coma dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional. (máis…)
Add comment 30/04/2008
EU-IU de Ponteareas fai un chamamento á participación nas manifestacións do 1º de maio

A Agrupación local de Esquerda Unida anima aos xovenes a participación nas manifestacións do 1º de maio organizadas polos distintos sindicatos. (máis…)
Add comment 29/04/2008









