O concello de Ponteareas amplía a campaña de recollida de aceites usados ás comunidades de propietarios e centros parroquiais

Abril 7, 2008

O Concello de Ponteareas ampliou o convenio de colaboración asinado coas empresas Nutrigrás e Protección Medioambiental S.L., para a posta en marcha dunha campaña municipal de recollida de aceites domésticos usados para a súa reciclaxe nas comunidades de propietarios e nos centros parroquias do termo municipal que así o requiran.
O aceite reciclado, depositado en bidóns, servirá para producir o carburante orgánico para a automóbiles biodiésel. Coa sinatura deste convenio, o Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Servizos Comúns, que dirixe Domingos Freitas, amplía agora ás comunidades de propietarios e aos colectivos parroquiais a posibilidade de recoller os aceites domésticos. En decembro de 2004, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, xa puxo en marcha unha experiencia piloto que ven funcionando dende entón no sector da hostalería e nalgúns centros educativos do termo municipal.
Dende agora, todas as comunidades de propietarios e colectivos veciñais que así o acorden poderán dirixirse ás empresas colaboradoras para a instalación dos bidóns de reciclaxe, chamando ao teléfono 986 288 120. Os contenedores serán baleirados periodicamente por un servicio de recollida. Tanto os bidóns como o baleirado non teñen ningún custo para os solicitantes.
Coa ampliación desta iniciativa, o Concello de Ponteareas quere amosar a súa preocupación polo coidado do medio ambiente, xa que un só litro de aceite polo sumidoiro pode contaminar un millón de litros de auga potable, e coa súa recollida contribuímos a paliar a destrucción do ecosistema.

Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds