O BNG acusa ao goberno local do PP de xerar un grave déficit nas arcas públicas do Concello de Arbo
Abril 8, 2008
No pasado pleno da corporación o alcalde de Arbo deu conta da liquidación do orzamento do ano 2006, onde segundo o informe de intervención o Concello xerou un déficit de 257.000 euros e ten pendentes pagos aos acreedores por valor de 988.000 euros, en consecuencia, o BNG asegura que segundo a lexislación vixente haberá que concertar unha operación de crédito ou ben aprobar o orzamento do 2008 cun superávit inicial equivalente ao dito desfase nas arcas municipais.
A todo isto, os nacionalistas lembran que hai que sumarlle os empréstimos pendentes de amortización por valor de 497.188 euros.
“Polo de agora aínda non sabemos o resultado da liquidación do orzamento do ano 2007 porque está pendente de levar ao Pleno, pero a situación antóllase que aínda vai ser peor”.
Dende o BNG arbense tildan de política “do despilfarro e desgoberno” as actuacións do goberno local, ademais de culpalos da mala xestión das arcas municipais.
“O goberno local do PP que ano tras ano poñen ao Concello nunha situación financeira moi delicada por executar unha política secular de asfalto e farola clientelar e caciquil para perpetuarse no poder e total ausencia dunha verdadeira política económica que aproveite as nosas potencialides e os nosos recursos”.
O BNG asegura que a “mala xestión dos cartos públicos” provocada en 16 anos polo actual goberno local do PP, estana a padecer xa todos os cidadáns nunha clara merma de servizos públicos de “peor calidade e menos infraestruturas e obra social e un aumento esaxerado do imposto de bens inmobles como acaba de acontecer no noso Concello coa nova revisión dos valores catastrais”.
Entry Filed under: Arbo. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed