O Plan Agrupado de Formación Continua celebrará de maio a setembro 57 cursos para persoal da Deputación e dos concellos da provincia
Abril 8, 2008
O Plan Agrupado de Formación Continua para o primeiro semestre de 2008 realizará entre maio e setembro 57 cursos formativos dirixidos ó persoal da Deputación, dos Concellos adheridos ó plan, 57 dos 62 que conforman a provincia, e tamén dos traballadores do ORAL.
A distribución dos cursos por zonas é a seguinte: na comarca de Pontevedra celebraranse 7 cursos para todo o persoal e 12 para os traballadores da institución provincial, no Salnés celebraranse 6 cursos de formación, no norte da provincia, é dicir, nas comarcas de Deza e Tabeirós, impartiranse 3 cursos e no sur da provincia (Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor) celebraranse outros 5 cursos. Ademais, o Plan Agrupado contempla 15 cursos online, 3 semipresenciais e 12 accións formativas ademais dos 4 cursos da AGASP e do INAP.
Os participantes nos cursos serán seleccionados en base a criterios como que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes, a proximidade xeográfica do lugar no que se imparte, a antigüidade, ter realizado nos últimos anos un menor número de cursos relacionados co contido temático do que se solicita e posuír o menor número de cursos realizados na Deputación, Escolas, Institutos ou Administración Pública. A cada un dos alumnos do curso que participen con regularidade nel recibirán un certificado de asistencia.
Cursos en Pontevedra
Microsoft Word 2007, básico. Excel 2007, básico on-line. Microsoft Power Point 2007. Contratación administrativa. Curso básico de información e procedementos catastrais. Novas tecnoloxías para Bibliotecas Municipais. Obradoiro de técnica de comunicación: Curso especializado para cargos públicos, capacidade e comunicación. O uso da palabra e as relacións cos medios. Protocolo práctico. As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas.
Cursos no Salnés
Microsoft Word 2007, básico. Excel 2007, básico on-line. Microsoft Power Point 2007. Contratación administrativa. Deseño e planificación de proxectos locais de igualdade. Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público.
Cursos no sur da provincia
Microsoft Word 2007, básico. Microsoft Power Point 2007. Contratación administrativa. Cursos de técnicos en desenvolvemento local. Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público.
Cursos no Deza e Tabeirós
As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas. Contratación administrativa. Cursos de técnico en desenvolvemento local.
Cursos Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Operativa policial nos casos de violencia sexista. Actualización normativa en tráfico e seguridade viaria. Técnicas de defensa persoal e detención
Instituto Nacional de Administración Pública (INAP)
A xestión da formación na Administración Local.
Cursos On Line
Word 2007, básico e avanzado. Excel 2007, básico e avanzado. Access 2007, básico e avanzado. Inglés, principiante e intermedio. Francés, principiante. Axente de igualdade. Maltrato infantil. Lei de protección de datos. Lei de dependencia. Xestión da calidade na Administración Pública. Estranxeiría: Intervención social con inmigrantes.
Cursos semipresenciais
A administración de persoal. Prevención de riscos laborais na Admón. Local, nivel básico. Afiliación e cotización do persoal na Administración Local.
Accións formativas para o persoal da Deputación de Pontevedra
Organización e xestión de tarefas de tarefas con Outlook. Microsoft Excel 2007, básico. Catalogación de documentación audiovisual, bloque I: “Arquivos fotográficos: identificación técnica e descrición de fotografías”. Conservación preventiva de fondos históricos e artísticos. As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas. Arquivo de oficina: xestión e organización da documentación. Tratamento das materias primas na cadea de fabricación de pensos. Manexo de animais de alta produción, rutina de ordeño. Técnicas de abordaxe terapéutico. Técnicas e recursos sobre animación de grupos e a organización de actividades extraescolares. Curso básico de xardinaría. Curso básico de soldadura.
Entry Filed under: As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed