A Deputación de Pontevedra celebrará o 7 e o 8 de maio unhas xornadas para debatir a situación actual do urbanismo dende a óptica local

Abril 18, 2008

A Deputación de Pontevedra celebrará os vindeiros 7 e 8 do vindeiro mes de maio as V Xornadas de Urbanismo da institución proivincial, concebidas como un Foro de Debate sobre a situación actual do urbanismo en Galicia dende a óptica local.
O obxectivo das xornadas é conocer _de primeira mán e a través da participación de cualificados e destacados ponentes_ a situación urbanística dos concellos galegos, compartir plantexamentos e inquedanzas, e suxerir mecanismos de actuación de cara á eficacia e eficiencia administrativa, tendo en conta a singular conformación municipal e o modelo de ocupación do solo en Galicia.
A celebración das xornadas foi un dos primeiros obxectivos que se marcou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, con motivo da presentación da nova Oficiña de Urbanismo que, dende xaneiro, a institución provincial puxo á disposición dos concellos da provincia.
Louzán enmarcou a laboura desta Oficiña no impulso que a Deputación de Pontevedra está a realizar en asuntos de asistencia e cooperación xurídica e técnica ós concellos da provincia. A devandita Oficiña está a desenvolver a súa laboura en asuntos relacionados coa ordeación do territorio, nos termos que a Lei de Administración Local de Galicia encomenda ás deputacións e especialmente orientada hacia aqueles concellos que teñen unha menor capacidade económica e de xestión.
As xornadas que acollerá o Pazo Provincial os vindeiros 7 e 8 do vindeiro maio veñen a retomar unha vella iniciativa xa desenvolvida pola Deputación de Pontevedra entre os anos 1983 e 1986.

Entry Filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds