Adenco solicita que se tomen medidas para protexer o patrimonio natural e cultural das beiras da estrada PO-261 Mondariz-Covelo

Abril 18, 2008

O grupo ecoloxista Adenco solicita que se tomen as medidas urxentes que se consideren precisas dende a administración competente para coñecer se as obras da estrada PO-261 Mondariz-Covelo contan cos permisos necesarios e se pasaron “correctamente” os trámites de exposición pública do proxecto de participación cidadá xa que, segundo Adenco, un importante número de patrimonio que se atopa á beira desta estrada podería ser danado.
Adenco ven de presentar ante a Garda Civil de Ponteareas un escrito no que pide que se tomen as medidas precisas para que todo o patrimonio cultural e natural que se encontra ao pé da estrada non se perda irremediablemente por unha actuación neglixente da administración executante das obras.
Esta asociación ecoloxista asegura descoñecer si as presentes obras contan cos permisos necesarios e se o proxecto de mellora da estrada foi debidamente exposto ao público interesado, logo do correspondente anuncio nos medios de comunicación.
Adenco advirte que as obras en cuestión poden afectar seriamente e de xeito irremediable a parte do patrimonio natural e arquitectónico.
“Pontes, muíños, sifóns, acueductos, camiños históricos, construcións de interese, fontes, masas arbóreas de interese,…Todo ao pé da estrada e con posibilidade de perderse.Descoñecemos se este patrimonio se vai a conservar debidamente con estas obras de mellora e ancheado da estrada. Moitas destas construcións están ao pé da estrada. Estamos seriamente preocupados pola posibilidade de perder este patrimonio”, explica Anxo Manuel Fernández Saborido, presidente do grupo ecoloxista Adenco.

Entry Filed under: Covelo, Mondariz. Etiquetas: , .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds