Política Territorial introduce melloras no proxecto de acondicionamento da estrada entre Crecente e Ribadavia

Abril 18, 2008

A Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Transportes incorporará unha serie de melloras ao proxecto de acondicionamento da estrada PO-801 entre Filgueira (no concello de Crecente) e o límite da provincia de Pontevedra con Ourense, co fin de protexer os elementos patrimoniais (muíños, ponte e Camiño Real) que se atopan no entorno da obra que se está a executar.
Os técnicos da Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPT están a avaliar distintas medidas para garantir a preservación dos devanditos elementos patrimoniais e que pasan pola construción dun viaduto, ou ben por unha variante do trazado. A decisión final tomarase en base aos criterios de viabilidade técnica e así se lles trasladará aos veciños, que xa visitaran a zona coa delegada da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na provincia de Pontevedra, Isabel Domínguez, o pasado 14 de marzo.

Entry Filed under: Crecente. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds