Cruz Vermella Ponteareas organiza un curso de primeiros auxilios na Casa Cultural de Areas

Abril 24, 2008

Cruz Vermella celebrará un curso de “Primeiros Auxilios” nas instalacións da Casa Cultural de Areas, en Ponteareas. O curso comezará o vindeiro día 12 de maio e desenvolverase os días 13, 14, 15, 19, 20, 21,22,27,28 e 29 de maio. A acción formativa,destinada á poboación en xeral, consta de 42 horas teóricas e prácticas, desenvolvidas en 10 módulos que se realizarán en horario de 17 a 21 horas.
Os contidos comprenden: corpo humán, avaliación inicial, traumatismos, queimaduras, urxencias, R.C.P, feridas e contusións, urxencias maternoinfantís, movilización e evacuación de feridos, accidentes domésticos…
O curso dispón de vinte prazas e a realización do mesmo queda suxeita á cobertura das prazas ofertadas. O prazo de inscrición estará aberto dende o 28 de abril e rematará o día 7 de maio. Todos os que estean interesados deberán dirixirse a Cruz Vermella Española. Asamblea Local Ponteareas
r/ As Pombas s/n Centro Multiusos. Teléfono: 986 641794 mail: ponteareas@cruzroja

Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds