Os campistas terán unha zona reservada para a Romería da Picaraña, en Ponteareas

Abril 24, 2008

O Concello de Ponteareas habilitou, no albergue xuvenil da Picaraña, unha zona de acampada para que todos os veciños e veciñas que desexen participar na tradicional Romaría da Picaraña poidan asistir á festa, que terá lugar o vindeiro 1 de maio.
Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX),  do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Xuventude, quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.
Para poder acampar sen ningún tipo de impedimento, os interesados poderán facelo de xeito totalmente gratuíto nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, so terán que se inscribir na oficina da OMIX, nas instalacións da Biblioteca Pública da Rúa Perillana.
O vindeiro día 1 de maio, Ponteareas vivirá unha nova edición da Romaría da Picaraña, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de  todas as idades. Unha festa na que se vive, con toda a súa intensidade, o sabor das romarías populares, á que acuden veciños de todas as parroquias e na que se celebra a popular suba das cruces parroquiais.

Entry Filed under: Uncategorized. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds