A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, rexistrou unha proposición no Congreso para que se rexenere o río Ribadil ao seu paso por Crecente

Abril 25, 2008

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a acometer obras de saneamento e rexeneración medioambiental no río Ribadil ao seu paso polo concello de Crecente, concretamente na parroquia de Ribeira.
Ademais, nesta proposición a deputada nacionalista empraza ao Executivo a acondicionar, en colaboración coa Comunidade de Montes en Mán Común, a zona do río Ribadil á altura da ponte coñecida como “Ponte Ribadil” a fin de crear un lugar de recreo e esparcimento que enfatice a singularidade e a beleza natural deste espazo.
Olaia Fernández Davila subliña que “este río ao seu paso pola parroquia de Ribeira en Crecente conta con zonas de grande beleza pero o deterioro medioambiental é de tal magnitude que incluso existen vertedoiros incontrolados. A necesidade de rexeneración ambiental é indudábel, incluso os veciños están dispostos a colaborar coa Confederación Hidrográfica no saneamento das marxes do río”.
A parlamentaria do BNG sinala que “calquera actuación que mellore as condicións do medio rural facilitando o seu desenvolvemento e asentamento poboacional é unha necesidade que existe sobre todo en concellos como este que perden poboación”.

Entry Filed under: Crecente. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds