O pleno da Cañiza aproba os orzamentos para 2008 co voto en contra do PSOE
Abril 28, 2008
O PSOE da Cañiza califica de “crispado” o último pleno da corporación,celebrado o pasado venres día 25, no que cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE a corporación municipal de A Cañiza aprobou inicialmente os orzaementos para o exercizo do 2008 que ascenden a un importe de 3.626.854,24 €, un 24.55% menos con respecto o ano de 2007 que ascendían a 4.806.493.54 €, concretamente 1.179.639,30 € menos, puntualizan os socialistas.
“Estes presupostos amparan un modelo de municipalista antigo e obsoleto dun ciclo de poder esgotado de 33 anos, avalan unha política municipal absolutista e asfixiante para A Cañiza, avalan un ciclo de 33 anos poder de César Mera, que hoxe, é un “lastre e unha lousa” para a equiparación de A Cañiza co resto de Galicia e España”, explica Luis Piña, portavoz do PSOE.
Para o PSdeG-PSOE de Ponteareas trátase duns orzamentos de “vacas fracas, estamos en plena resaca do despilfarro electoralista dos anos 2006 e 2007, onde se chegaron a gastar varias anualidades de anos futuros de inversións da Deputación de Pontevedra gobernada polo PP”.
Así mesmo, os socialistas explican que no capítulo 4 de transferencias correntes o Concello ingresará 1.300.000 € do goberno de España, 20.000€ máis que no ano 2007, e 280.000 € do goberno de Galicia, 17.000 € máis que no ano 2007, “aportación esta última da Xunta de Galicia que non existía e que se creou ca chegada de Touriño a presidencia da Xunta de Galicia”. Polo tanto, lonxe do “victimismo de César Mera con respecto a Xunta, Mera manipula a situación para sacarlle proveito electoral e esconder os seus despilfarros” dos anos 2006 e 2007.
Luis Piña engade que “o burato nos ingresos” con respecto ao ano 2007 esta no capítulo 6 nos que estaba previsto uns ingresos por vendas de terreos no polígono industrial por valor de 1.400.000 €, que non se puideron materializar por problemas de titularidade, e neste exercizo esta previsto uns ingresos de 270.000€, 1.130.000 € menos. O PSOE asegura que no ano 2007 concertáronse dous prestamos bancarios por valor de 206.320,48€ e 300.000€, ascendendo a débeda bancaria do Concello de A Cañiza no ano 2008 a 1.243.926,75€.
En materia de persoal crease unha praza de policía, e 5 de educación infantil, que xa existían como laborais eventuais e pásanse a laborais fixos para realizar o seu correspondente proceso de selección pública. “Segue sen entenderse como unha praza de auxiliar administrativo ten unha retribución moito máis elevada que o resto do persoal, concretamente un bruto de 40.845,28 €, é chama máis a atención por ser quen se ocupa en exclusiva da materia económica do Concello”.
En relación á corporación, os socialistas adiantan que os concelleiros percibirán por cada asistencia a comisións informativas e de goberno 80,00 € e os plenos 128,00 €. A retribución da 1ª Tenente Alcalde, Helena González, será de 10.194.72 € en doce pagas e a do Alcalde, César Mera, será de 51.171,20 € en catorce mensualidades. Os grupos políticos terán unha subvención anual para gastos ordinarios de funcionamento, o popular de 6.500 € e o socialista de 4.100 €.
Nos gastos, as inversións previstas son de 823.979,15 €, un 43.84% de caída respecto o ano electoralista de 2007 que era de 1.579.511,83 €. “O anexo de inversión, como tódolos anos, esconde o nome das obras detras do título da partida orzamentaria, o Alcalde oculta as inversións para evitar o lexítimo debate e fiscalización política pola oposición e os veciños e actuar impunemente cos cartos de todos”.
Entry Filed under: A cañiza. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed