A parroquia covelense de San Salvador de Prado celebra a romería da Virxe da Xestosa este domingo día 4

Abril 30, 2008

Este domingo día 4 de maio celebrarase a tradicional e multitudinaria romeraía da Virxe da Xestosa, esta romería está considerada como un dos actos relixiosos máis importantes no concello de Covelo e zona do Riveiro.
A romería da Xestosa celébrase o domingo 4 de maio na capela do seu mesmo nome e atópase encravada na paraxe do monte Faro de Avión, cota máis alta da provincia de Pontevedra e que fai límite coa provincia de Ourense.
Explica, José Muradás, presidente da Xunta de Montes de San Salvador de Prado, que a capela construíse en duas fases polos veciños de Prado, a última pedra foi colocada no ano 1811 e conta cunha longa tradición milagreira. Os máis maiores da zona dín que o lugar ten efectos milagreiros no tratamento e cura de verrugas da pel e todo o relacionado cos malestares do corpo humán.
“Dín, e isto é verdade, que frotando a pel afectada con pan, previamente mollado en auga estancada no sarcófago que existe no recinto do santuario, as lesións cutáneas desaparecerán transcorrido un tempo”.
O lugar da Xestosa atópase no alto do Val do Tielas polo que discorre o lento viaxe e cristalino río Tea ata desembocar no Pai Miño. O río Tea comeza a súa peregrinaxe, precisamente, no entorno incomparable do marco da Xestosa.
A imaxe da Virxe da Xestosa desfila nunha procesión dende a igrexa parroquial de Prado percorrendo uns cinco quilómetros nunha caravana adornada previamente con flores naturais da zona.
No lugar coñecido como Fonte Ronda, próximo á capela, terá lugar o encontro entre a Virxe que accede dende a igrexa parroquial e a Virxe que se atopa todo o ano na capela da Xestosa.
As misas na igrexa parroquial comezarán ás 09:00 horas, logo será a misa solemne con procesión ás 10:00 horas, seguindo con outra misa ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. Ás 13:00 horas haberá misa con procesión.
“Todos os que queiran participar nesta romería non fai falla que veñan cargados de comida e bebida xa que no recinto, anexo ao santuario, poderán degustar polbo á feira, carne ao caldeiro,churrasco, sardiñas asadas, empanadas, pan do Carballiño e rosquillas de Ponteareas”, explica José Muradás.

Entry Filed under: Covelo. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds