As obras na estrada entre Filgueira e o límite provincial con Ourense obrigan a pechar o tráfico dende o luns

Abril 30, 2008

As obras de mellora e acondicionamento da estrada entre Filgueira e o límite da provincia de Ourense (PO-801) esixiron o peche desta estrada desde as 00.00 horas do pasado luns, 28 de abril, por un período aproximado de seis meses. Os usuarios utilizan un percorrido alternativo que estará convintemente sinalizado, entre Filgueira e Cortegada, e desde aquí a Castrelo de Miño (é dicir, salvar o Miño en Filgueira e utilizar a vía paralela que discorre pola provincia de Ourense para volver a atravesar o río en Castrelo de MIño, a través das estradas OU-133, OU-402 e OU-801). Os vehículos de máis de 15 toneladas deberán desviarse provisionalmente pola Autovía das Rías Baixas (A-52), ata que non se rematen as obras da nova ponte sobre o Miño que une Filgueira e Cortegada.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes inviste 6’6 millóns de euros nas obras de acondicionamente e mellora dos 4,944 quilómetros comprendidos entre Filgueira, no concello pontevedrés de Crecente, e o límite coa provincia de Ourense, no concello de Ribadavia.
A PO-801 (antiga PO-401, e que ten continuidade na OU-801 unha vez cruzado o límite provincial) discorre paralela ao río Miño, na súa marxe dereita, por un treito moi accidentado. A obra que actualmente acomete a CPTOPT consiste na mellora integral da estrada xa que ademais de anchear a calzada, se eliminan curvas e se constrúen novas glorietas e isletas en diversas interseccións, o que suporá unha importante mellora na seguridade viaria. Ademais, habilitaranse 200 metros de carrís adicionais para vehículos lentos.
Complementariamente a Consellería de Política Territorial está a executar outras obras de mellora na rede viaria desta zona, que inclúen a estrada entre Filgueira e Cortegada (OU-133) e a construción dunha nova ponte sobre o Miño cuxo remate está previsto para esta primavera e que ademáis permitirá que esta estrada poida ser utilizada por vehículos pesados. O investimento da CPTOPT nesta actuación é de máis de sete millóns de euros.
A Consellería de Política Territorial fai un chamamento aos condutores para que extremen a precaución, circulen con prudencia e respecten a sinalización en todo o treito, e lamenta as molestias que a execución destas obras lles está a ocasionar

Entry Filed under: Crecente. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds