Oito xogadores do Club de Bádminton As Neves participan este fin de semana no Circuito Nacional sub-17 e sub-15 de Valladolid

Abril 30, 2008

O 3 e 4 de maio celébrase en Valladolid a 12ª proba do Circuito Nacional de Bádminton Sub-17 e Sub-15 con participación galega. O Club Bádminton As Neves único equipo galego participante despraza a Valladolid a un total 8 xogadores.A expedición do CB As Neves está composta por:
Categoría Sub-15: Eva Martínez, Daniel Pérez, Brais Alvés e José Manuel Pintos.
Categoría Sub-17: Andrea Fernández, Nerea Alvés, Angela Soto e Leticia Rodríguez.
Os xogadores das Neves parten con varias opcións aos títulos en xogo. Cabe destacar sobre todo na categoría sub-17 onde as opcións son maiores e tanto no individual feminino con Andrea Fernández ou no dobres feminino coas dúas parellas das Neves, Angela/Andrea e Nera/Leticia, parten como favoritas ao título

Por outro lado o pasado 26 de abril de 2008 A Estrada acolleu a 5ª proba da Copa Deputación de Pontevedra organizada polo CB A Estrada e a Delegación de Pontevedra e que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Concello da Estrada.
Un total de 85 xogadores dos clubs, CB Troula, CB As Neves, CB Rachaplumas de Vigo, CB Os Salgueiros de Pontevedra e CB A Estrada tomaron parte nesta proba.
Dos cinco títulos en xogo tres foron para os xogadores locais do CB A Estrada, 1 para o CB Os Salgueiros e outro para o CB Rachaplumas de Vigo.

Este foi o cadro de honor da proba:
Categoría Absoluta:
1.- Javier González (CB Os Salgueiros)
2.- Andrea Fernández (CB As Neves)
3.- Alejandro Ramos (CB A Estrada)
4.- Manuel Pérez (CB Troula)

Categoría Sub-15 “A”:
1.- Xoel Liñares (CB A Estrada)
2.- Brais Alvés (CB As Neves)
3.- Pablo Sanmartin (CB A Estrada)
4.- Jesús Pereiro (CB A Estrada.)

Categoría sub-15 “B”:
1.- Diego Miguens (CB A Estrada)
2.- Ana Reino (CB A Esrada)
3.- Alba Casas (CB As Neves)
4.- Raquel Groba (CB As Neves)

Categoría sub-15 “C”:
1.- Manuel Bouzón (CB A Estrada)
2.- Emilio Andujar (CB A Estrada)
3.- Alvaro Brey (CB A Estrada)
4.- Eduardo Silva (CB A Estrada)

Categoría sub-15 “D”:
1.- Alejandro Rivadulla (CB Rachaplumas)
2.- Belén Ojea (CB Rachaplumas)
3.- Yabsera Ortega (CB A Estrada)
4.- Iñaki Carrera (CB Os Salgueiros)

Entry Filed under: As Neves. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds