Archive for Maio, 2008
A Asociación Cultural ‘O Garabano’ presenta no auditorio de Crecente o primeiro número da revista ‘O Garabano da Cultura’
A Asociación Cultural O Garabano de Crecente presenta este sábado día 31 de maio ás 20:00 horas o número cero da súa primeira revista de difusión cultural “O Garabano da Cultura”. A presentación terá lugar no auditorio do concello de Crecente. Trátase dunha publicación sen ánimo de lucro que quere rescatar a memoria histórica do concello e por en valor a beleza paisaxística da zona. Nu sumario deste número cero inclúense a nivel xeral seccións fixas como “a nosa historia”, “os nosos personaxes”, “as nosas parroquias”, “natureza”, “o noso patrimonio”, “reflexións” eo “o garabano da escola”. Neste primeiro número contan coa colaboración do C.E.I.P Crecente, Ovidio Veloso e Beatriz Ramos. (máis…)
1 comment 29/05/2008
Os nacionalistas levan ao pleno da corporación de Ponteareas a folga de Correos
O Pleno ordinario, que a partires deste mes se celebrará o último xoves de cada mes, tratará iniciativas como o conflicto de Correos que afecta a tódolos veciños de Ponteareas, proposta polo BNG. (máis…)
Add comment 29/05/2008
O concello de Ponteareas asina un convenio con Medio Rural para a mellora da estrada entre Duca e Outeiro, en Santiago de Oliveira
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, asinou onte coa Consellería de Medio Rural o convenio de cooperación entre ámbalas dúas institucións para a realización das obras de mellora da infraestructura viaria de Duca a Outeiro (Santiago de Oliveira). (máis…)
Add comment 29/05/2008
Esquerda Unida de Ponteareas solidarízase cos traballadores do concello
Esquerda Unida denuncia que mentres o traballadores do concello de Ponteareas seguen a cobrar os salarios máis “infames” da administración galega o grupo de goberno asignouse unhas retribucións “substanciosas”, que os de Esquerda Unida cifran eun 55.000 euros brutos anuais para o Alcalde e 30.000 euros para os Concelleiros con dedicación exclusiva, Alberto Novoa, Nava Castro e Domingos Freitas. (máis…)
Add comment 29/05/2008
O PSOE de Crecente pide no pleno da corporación a retirada de simboloxía fascista do edificio do concello e o arranxo de estradas e infraestructuras
O grupo municipal socialista no concello de Crecente Grupo Municipal presentará unha moción no pleno de hoxe instando á Deputación provincial a que sinalice e acondicione urxentemente un cruce da estrada provincial 5005 da Cañiza-Pousa. (máis…)
Add comment 29/05/2008
Durán, Solla e Castro reuníronse coas Bandas de Música do sur da provincia para explicarlles as normas da I Certame Zonal
O vicepresidente e deputado de Cultura, José Juan Durán, o alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o alcalde de As Neves, Raul Emilio Castro, reuníronse onte coas agrupacións participantes no I o primeiro Concurso de Bandas de Música do sur da provincia para explicarlles as normas do certame (clasificacións, premios, obras…). (máis…)
Add comment 29/05/2008
Segue a folga de reparto de correo en Ponteareas tras tres horas de negociación infructuosa con Correos
Correos convocou onte de urxencia ao comité de folga dos carteiros de Ponteareas para tentar resolver a situación actual logo de acadar os 70.000 envíos acumulados tras trece días sen reparto de correo. (máis…)
Add comment 29/05/2008
O goberno de Ponteareas destaca a grande afluencia de visitantes ás festas do Corpus e felicita aos alfombristas
O Goberno de Ponteareas amosa a súa satisfacción pola grande afluencia de visitantes que rexistrou a vila durante a celebración das festas do Corpus Christi 2008 e quere felicitar a todos os alfombristas e colaboradores, “que contribuíron a facer posible que todos os actos organizados foran un éxito”. (máis…)
Add comment 29/05/2008
Joe Barnara actúa no ‘Salón Parroquial’ de Ponteareas
O cantante e acordeonista Joe Barnara actuará no Salón Parroquial de Ponteareas mañá venres día 30 de maio ás 00:30 horas. A entrada será de balde ao igual que para o concerto que ofrecerá hoxe xoves no local “La Cabaña” de Pontevedra ás 23:30 horas. Para coñecer máis a obra e traxectoria deste cantante de folk-blues americano poden contactar na páxina www.myspace.com/barnara
Add comment 29/05/2008







