O CB As Neves participará no Campionato Provincial Escolar de Bádminton que se celebrará en Vigo este sábado día 3 de maio

Mayo 2, 2008

O sábado 3 de maio de 2008 Vigo será sede do Campionato Provincial Escolar Individual de Bádminton, dentro do programa Competición Deportiva en Idade Escolar 2007-2008, patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Deporte Galego e organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Federación Galega de Bádminton, Concello de Vigo e Club Bádminton Rachaplumas.
A competición vaise desenvolver na Pista Vermella do Pavillón Municipal de As Travesas de Vigo en horario de 09:30 a 14:00 horas onde se van desputar un total de 134 encontros.
Un total de 85 persoas entre deportistas e técnicos vanse desprazar ata Vigo para desputar esta competición que se xoga nas categorías: Infantil masculino e feminino e Cadete masculino e feminino.
Nesta competición van tomar parte un total de 8 entidades clasificadas da fase final provincial por equipos celebrada na Estrada o pasado 13 de abril.
A zona do Baixo Miño estará representada polo Club Bádminton As Neves das Neves.
A zona centro, estará representada polo Club Bádminton Os Salgueiros de Pontevedra.
Pola zona norte estará representada por: o IES de Cotobade de Tenorio, o Colexio Mª Inmaculada de Silleda e o Club Bádminton A Estrada.
A zona sur estará representada polas entidades de Vigo: o Colexio Carmelitas e as Escolas Deportivas Municipais de Vigo.
A Federación Galega de Bádminton asegura que será unha xornada intensa e con moita participación e numerosos encontros. Ás 13:30 esta prevista a entrega de trofeos.
Desta competición sairá a representación da provincia de Pontevedra no vindeiro Campionato Galego Escolar Individual do 31 de maio que se celebra en Ourense.
Os diferentes equipos da Estrada parten como favoritos a alzarse cos títulos na maioría das categorías.

Entry Filed under: As Neves. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds