A Deputación de Pontevedra presenta as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música

Mayo 7, 2008

A Deputación de Pontevedra presentou as bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e ó que poderán optar todas as bandas de música da provincia que o desexen.
Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: Sección especial (4 bandas participantes de 81 a 115 músicos), primeira (6 bandas participantes de 61 a 80 músicos), segunda (6 bandas participantes de 46 a 60 músicos) e terceira (10 bandas participantes de 35 a 45 músicos).
A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Na sección especial: 20 ± 5 minutos, na primeira: 20 ± 5 minutos, na segunda: 15 ± 5 minutos e na terceira: 10 ± 5minutos.
As bandas de música terán dereito a percibir en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.800 euros; primeira: 3.200 euros, segunda: 2.600 euros, e terceira: 2.000 euros.

Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio ás bandas que acaden a maior puntuación.
A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a mención especial os seguintes premios:
En sección especial, 4.200 euros ó primeiro premio e 2.100 ó segundo. En primeira, 3.500 euros ó primeiro é 1.800 ó segundo. Na segunda, 3.900 ó primeiro é 1.400 ó segundo. Na terceira, 3.000 ó primeiro e 1.200 ó segundo.
A Federación Galega de Bandas de Música Populares concederá os seguintes premios á terceira banda clasificada de cada unha das seccións: 600 euros á sección especial, 500 euros á primeira, 400 euros á segunda, e 300 euros á terceira.
Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan a mención de honra, por importe de 1.500 euros á sección especial, 1.200 euros á primeira, 1.050 euros á segunda, e 900 euros á terceira.
As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas, na sección especial: Dutika Mere (Costa da Morte) de Julio Montero, na primeira: Variacións sinfónicas para nenos de José Luis Represas, na segunda: Pontus Veteris de Ángel A. Montes, e na terceira: Os sons do camiño de F. García Hurtado.
O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura na páxina web desta Deputación, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra.
O comité organizador do VIII Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación estará constituído da seguinte maneira: Presidente: o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue. Vogais: un representante da Deputación, un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares, un representante da empresa adxudicataria da organización do evento, o asesor artístico-musical do certame, o director técnico do certame. Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue.

Entry Filed under: Arbo, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds