O alcalde de Mondariz asegura que os servizos do Centro de Dia están asegurados

Mayo 7, 2008

O grupo de goberno do PP de Mondariz informa, tra-la nota de prensa feita pública do BNG en relación ao perigo que corre Mondariz de perder a posta en funcionamento do Centro de Dia, que convocará un pleno extraordinario para tratar este tema.
“No pleno de marzo soamente votou a favor o BNG xa que había un informe do secretario en contra da entrada no Consorcio. Coa chegada do novo secretario a Mondariz retomouse o caso e ven de realizar un informe favorable sobre a inclusión no Consorcio”, explican dende o grupo de goberno.
O acalde, Julio Alén, ven de convocar para este xoves día 8 ás 13:30 horas un pleno extraordinario no que levará como punto principal a adhesión do concello de Mondariz ao Consorcio Galego de Benestar.
O alcalde asegura que os servizos do Centro de Dia sempre estiveron asegurados para Mondariz e que as obras de construción do centro van a bo ritmo. O rexedor local prevé que para finais deste ano estean totalmente rematadas.

Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds