O BNG de Mondariz acusa ao grupo de goberno de por en perigo a apertura do Centro de Dia

Mayo 7, 2008

O BNG de Mondariz acusa ao goberno do PP de por en perigo a apertura do Centro de Día que Vicepresidencia constrúe no concello.
“No transcurso da última reunión mantida cos altos cargos da Xunta, celebrada na Casa Consistorial o pasado mes de febreiro, e en presencia dos concelleiros do BNG, o alcalde asumíu o compromiso de facer efectivo a integración do Concello no Consorcio Galego de Benestar no Pleno Ordinario do mes de marzo; nesa reunión, o Alcalde mesmo recoñeceu as garantías que ofrece, e a necesidade do concello de intergrarse no ente de xestión posto en marcha dende a Vicepresidencia da Xunta de Galiza que dirixe o nacionalista Anxo Quintana,  que ten como única finalidade garantir o concello os mellores medios para prestación pública de servizos sociais como Galescolas, residencias publicas, atención os maiores, inclusión social ….etc. e que ven de aportar máis de 600.000 €  para a construcción en Mondariz  do Centro de Día da localidade”, explica Xoán Carlos Montes Bugarín, voceiro do BNG.
En consecuencia o BNG, que nos últimos meses presentou infructuosamente ata dúas mocións solicitando a entrada de Mondariz no Consorcio, rexistrou de novo unha moción coa mesma proposta de acordo a fin de que a Corporación aprobase  canto antes a integración de Mondariz neste órgano.
“O Alcalde e o seu grupo voltaron a votar negativamente polo que o BNG acusa ao alcalde e ao PP de utilizar os servizos os cidadáns como arma arroxadiza contra a Xunta de Galiza, tentando colgarse méritos para acadar un posto dentro do PP no lugar de atopar as mellores ferramentas de xestión na dotación de servizos os cidadáns, dicindo a todo que si pero  improvisando  constantemente as súas decisións.Os nacionalistas lamentan que a palabra de Julio Alén non vala nada e que enganara aos altos cargos da Vicepresidencia da Xunta que, no contexto da mesma reunión, mesmo se prestaran a financiar os custes de equipamento do Centro de Día, o que suporía un incremento notábel do investimento inicial. En consecuencia a incapacidade do PP e O Alcalde son seriamente perxudiciais para Mondariz”.

O Consorcio Galego de Benestar está constituído, a día de hoxe, por 237 dos 315 concellos de Galiza. Estes máis de douscentos municipios están gobernados, indistintamente, por BNG, PSOE e PP, polo que a teima do PP de Mondariz de non integrarse nel supón un exercicio de grande irresponsabilidade que afecta o benestar de todos xa que limita considerablemente os medios técnicos e economicos que debe sesenvolver o Concello nestas materias.

Entry Filed under: Mondariz. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds