O BNG presenta alegacións á explotación canteira en Bidueiros
Mayo 7, 2008
O pasado mes de abril o BNG de Covelo presentou alegacións contra a licenza de explotación da canteira de Campo en Covelo. O BNG de Covelo a través do seu responsable local, Francisco Rocha, tilda de “hipócrita” a actidude do PP coa connivencia do PSOE. “Posto que o Partido Popular , despois de conceder unha licencia de exploración no ano 2005, e de non ter controlado os traballos de dita exploración realizados pola empresa na canteira, consentindo a desfeita realizada e mesmo de non fiscalizar á realizacion destes traballos agora pretendía facer alegacións conxuntas có BNG á explotación da Canteira do Campo en Covelo Igualmente o PSOE arrimase ao Partido Popular para presentar alegacións, posto que eles son tamén os culpables por dar a concesión do monte comunal á empresa mineira”.
O BNG asegura que non pode diante destes feitos apoiar ninguha alegación conxunta co goberno municipal do Covelo.
Rocha afirma que Pablo Castillo non pode esconderse detrás da decision que tomen outras instuitucions,xa que , é competencia municipal o feito de conceder licencias, “como no seu dia fixo o PP no 2005”.
O BNG de Covelo presentou alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente, pois a consellería e o concello son os que teñen que informar negativamente sobre a explotación da canteira do campo.
Segundo Francisco Rocha, a intención do Bloque Nacionalista Galego, é a de traballar na posta en valor do patrimonio natural e cultural do concello, como elemento diferenciador e foco de atracción de actividades ligadas ao medio natural (turismo da natureza, educación ambiental) na periferia dunha zona xeográfica intensamente humanizada como é a área metropolitana de Vigo.
O nacionalista advirte que a execución deste proxecto de canteira, no Macizo de Bidueiros, unha das zonas mellor conservadas da Serra do Suído, suporía o tiro de gracia ós plans de diversificación e desenvolvemento sustentable.
Sengundo Rocha, dende o Bloque Nacionalista Galego , traballarán para que o macizo de Bidueiros e o conxunto etnográfico gandeiro que alberga, non rematen sendo unha canteira, e que as xentes que se acheguen a visitalo, comproben o patrimonio local como o é o foxo do Lobo da Portela das Travesas.
Entry Filed under: Covelo. .


Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed