O pintor Diego de Giráldez expón no seu estudo casa museo da Cañiza

Mayo 7, 2008


O prestixioso pintor Diego de Giráldez abre por segundo ano consecutivo o seu estudo casa museo na Cañiza no que expón e exhibe unha colección próxima ás 250 obras. O museo, que permanecerá aberto desde o 11 de maio ata o vindeiro 27 de xullo de 2.008 poderá visitarse todos os domingos en horario de cinco da tarde a oito da noite. Esta edificación de máis de 1.000 m2 e cinco plantas de altura, está situada en pleno núcleo urbano e preside a Praza Maior do Hotel, aínda que terá a súa entrada pola rúa Botica. Para os cañicenses é coñecida como o antigo cuartel da Garda Civil da cañiza, xa que durante moitos anos e ata fai tan só dúas décadas albergaba as oficinas e vivendas da benemérita na localidade.

Ao longo de 1.500 metros lineais de exposición, os visitantes poderán contemplar, coñecer e admirar a prolífica obra deste pintor de renome, creador do realismo NAS, acepción coa que se coñece a súa pintura e que por méritos propios e polas súas excepcionais calidades acadou fai xa anos un posto significativo dentro da pintura contemporánea española.
Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer a realidade do cotián con total sinxeleza, escapando da profusión e o adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos e achegando ás súas obras unha clara visión do mundo natural. As súas obras sempre impregnan no observador un deixe de desconcerto e provocación. A súa pintura nunca pasa desapercibida porque está salpicada de innumerables e en ocasións mínimos detalles e esencias que o ollo humano se ve obrigado a descifrar e comprender.

Por iso os críticos e expertos que estudaron a fondo a súa obra, unha obra que comezou xa no ano 1.975, acertan ao dicir que as creacións de Diego de Giráldez non pasan desapercibidas: impactan, sorprenden e enganchan.

 
DIEGO DE GIRÁLDEZ. O REALISMO “NAS”

REALISMO “NAS: naturalismo, abstracción e surrealismo. Esta é a base da súa pintura. Nas súas obras aparecen superpostas formas e conceptos destas tendencias.

Durante estes trinta e tres anos de creación foron moitas as personalidades, críticos de arte, políticos, directores de museos, escritores e poetas que escribiron sobre a súa obra, quen deixaron plasmado en papel máis de 120 artigos. Don José Fernando Sánchez Ruyz, escritor, poeta e director do Museo do Alcázar de Ciudad Real define a Diego como “…un dos poucos artistas coetáneos, activistas da súa propia obra que nunha considerable traxectoria, todo o último cuarto do século XX, mantén a ilusión e a importancia do primeiro momento, presentándonos un artista confiado na súa propia obra, satisfeito dela mesma e capaz de transmitir con ela o mundo persoalísimo entre rural e existencialista que plasma nos seus cadros…”. Nas súas críticas pictóricas o Director do Museo de Ciudad Real explica con detalle a relación do home coa súa contorna, relación que se converte nun estandarte da obra de Diego de Giráldez “…onde o humano mídese diante do mundo recoñecendo a súa incapacidade de melloralo, sobre este eixe central a obra de Diego de Giráldez desenvolve a súa simboloxía e unha estética persoal que conseguen identificar ás súas pinturas e darlles marca de autor…”. “…os seus fondos puros presentan figuras que se enchen de importancia na idea que dálles o corpo, xunto a animais, aparellos, obxectos, elementos vexetais que xeran un ambiente máxico cheo de beleza mística, moi persoais do seu autor…” “…os seus galos, pombas, coellos, cordeiros, peixes, paxaros e elementos vexetais compoñen un universo propio onde a humanidade queda equilibrada como outro elemento máis da natureza…”.
Para finalizar o Sr. Sánchez Ruyz fala da “…Maxia, respecto, emoción, ecoloxía e harmonía que están presentes na obra de Diego de Giráldez, o pintor que nos insignia que a beleza das cousas tamén pode representarse sobre fondos tenebristas…”. Da súa biografía e obra editáronse en España e Portugal un total de 32 libros.

 

BIOGRAFÍA:

Diego de Giráldez naceu na Cañiza. Desde moi neno comeza a interesarse polo debuxo e a escultura. Despois de realizar estudos destas materias viaxa a Cataluña: Barcelona, Girona, Figueras, Cadaqués, etc. Durante ese tempo fará amizade con gran número de intelectuais e críticos de arte que lle dedicarán páxinas en diarios de Cataluña. En anos posteriores, durante as décadas dos oitenta e noventa, realiza múltiples exposicións por España e Portugal, sempre coa colaboración de institucións: Xunta de Galicia, deputacións provinciais, caixas de aforro de varias cidades españolas, etc.

Na década que vai desde 1976 ata 1986 inaugura 106 exposicións nas cidades de Vigo Pontevedra, Girona, León, Barcelona, Lugo, A Coruña, Madrid, Cádiz, Salamanca, Ourense, Zamora, Teruel, Soria, Cuenca, Porto, Coimbra, París, Xenebra, etc. Do ano 1986 ao 2007 abre 230 exposicións presentadas en Ciudad Real, Madrid, Badajoz, Palencia, Santiago, Ferrol, Santander, Burgos, Ávila, Valladolid, Guadalaxara, Segovia e Castellón. En Portugal: Leiría, Aveiro, Viana do Castelo, Lisboa, Garda, Lamego, Figueira de Foz, etc.

Os museos comezan a interesarse pola súa obra na década dos oitenta. Na actualidade está representado en numerosos museos de varios países. Viaxou por todo o territorio español e Francia en exitosas xiras de exposicións.

Mantén amizade con numerosas personalidades do mundo da cultura e doutros campos, en España, Portugal, Francia e outros países. A súa obra figura en 137 museos de 14 países de Asia, Europa, América e África.

Colaboraron en súas 336 exposicións 185 concellos e 20 deputacións de España, 21 cámaras municipais de Portugal e os gobernos autonómicos de Galicia, Castela e León e Cantabria. Tamén colaboraron nas súas exposicións entidades como caixas de aforros, bancos, centros culturais, fundacións, centros rexionais, etc.

Entry Filed under: A cañiza. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Ligazóns

Publicd

Feeds